Skip to Content

Ed. Física

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE NOVAS DEPORTIVAS

@s gañador@s do concurso mensual de Novas Deportivas recibiron o seu premio merecido no ximnasio do colexio. Destacar a Mariña (2ºB) e Uxía Pérez (3ºB) por ter dúas novas cadansúa entre as dez mellores. Moitas grazas por participar a tod@s e lembrade que hai que ler a nova para participar no concurso.

PROBAMOS UN NOVO DEPORTE: O GOLF

O xoves 6 de outubro @s nen@s de Sexto de Primaria fixeron unha saída a poboación de Vilamaior, onde se atopan as instalacións de Verin Pitch & Putt. Alí recibiron unha sesión de iniciación ao golf, completada cunha actividade de tiro con arco. Moitísimas grazas aos monitores de Pitch & Putt Verín por adicarnos esa mañá. Aquí tedes unhas mostras do que alí se fixo.

 

 

 

 

FINAL PROVINCIAL TENIS DE MESA EN OURENSE

O sábado, día 28 de abril, os equipos alevín masculino e infantil feminino de tenis de mesa do cole participaron na final provincial, celebrada no pavillón Paco Paz, de Ourense.

Pese ás importantes baixas que tiñamos, os resultados foron altamente satisfactorios, obtendo un terceiro posto as mozas, e un subcampionato os mozos. Compre recordar que no curso 2010-2011 obtivemos a medalla de ouro, quedando campións provinciais.

Os/as atletas que tan dignamente nos representan son:

Iria, Valeria, Sara, Leti, Laura, Noelia, David, Santi, Christian, Edu e Hugo. Se queredes velos/as en acción, non vos perdades a galería de fotos. (facer clic na imaxe).


 

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR NO PAVILLÓN DA GRANXA

O pasado xoves, 1 de decembro, os alumnos/as de 4ºA e 6ºA desprazáronse ao Pavillón da Granxa de Verín para participar nunha competición amistosa de fútbol contra os equipos do CEIP Bibei de Viana.

(Preme na imaxe para ver máis fotos)

Xogaron en catro categorías: benxamín masculino e feminino e alevín masculino e feminino. Os equipos masculinos ganaron os dous partidos e os femininos empataron un e perderon outro.

Na próxima xornada tocaralles a 4ºB e 6ºB.

Distribuir contido


by Dr. Radut