Onte, mércores 28 de novembro, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria participaron no II Pleno Infantil do Concello de Verín, organizado polo Departamento de Educación Familiar do Concello e Unicef Galicia e que tivo lugar na Casa da Cultura. Estiveron tamén presentes alumnos/as do Colexio dos Mercedarios e do Mª Inmaculada, ademais do alcalde Juan Manuel Jiménez. Na vez anterior tocoulle a alcaldía ao noso colexio e nesta estiveron participando como concelleiros seis alumnos/as de 6º nivel, pasando o turno da alcaldía ao Colexio dos Mercedarios.
(Pincha na imaxe para ver máis fotos na Galería)
Durante a sesión se realizaron exposicións e propostas de mellora sobre a Convención Internacional dos Dereitos do Neno, así como preguntas directas ao alcalde. Entre as propostas houbo alusións á creación dun centro xuvenil, eliminación de barreiras arquitectónicas, carril para bicis Verín-Chaves, creación dun parque para mascotas, unha sala de xogos tradicionais, etc.Todas as propostas foron votadas e aprobadas.
Despois da sesión, realizouse unha visita á Casa Consistorial na que os rapaces/as foron pasando polos diferentes departamentos e onde os distintos responsables de cada un deles lles explicaron a función que desempeñan.