Skip to Content

Dinamizando a Lingua

EXPOSICIÓN DO SAMAÍN 2014

Como en anos anteriores, fixemos unha exposición polo Samaín que levaba por título "Cabazas Teatrais". Desde aquí, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere dar as gracias ás familias pola súa colaboración.

Pinchando na imaxe podedes acceder a máis fotos da exposición na Galería de imaxes.

LIM DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou un novo lim, esta vez dedicado á Música Tradicional Galega. Esperamos que vos divirtades e aprendades ao mesmo tempo.

 

LETRAS GALEGAS 2014

Traemos aquí un telexornal que preparou O CPI Os Dices de Rois sobre a figura de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas:

 

 

Podedes acceder a máis recursos sobre este autor na web da Coordinadora de EDLG (cadernos de actividades, lim, etc):

UN XENIO DA MÚSICA: WOLFGANG AMADEUS MOZART

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e en colaboración co Equipo da biblioteca, seguimos traballando no noso tema globalizador da Música e presentámosvos a outro xenio da música clásica, Wolfgang Amadeus Mozart.
A continuación aparece un Lim con actividades e xogos para coñecer mellor a este compositor e pianista.
Esperamos que vos guste!!!

(pincha no icono do monitor, arriba á dereita, para poder velo a pantalla completa)

 

AS CASTAÑAS MUSICAIS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos agradecer unha vez máis a vosa colaboración na Exposición dos traballos da castaña.

As nosas felicitacións os agraciados co agasallo por participar nas dúas exposicións.

Moitas grazas.

E.D.L.G.

(Pincha na imaxe para ver máis fotos da exposición)

EXPOSICIÓN CABAZAS MUSICAIS 2013

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradece ás familias a súa colaboración na Exposición do Samaín 2013.

Pinchando na imaxe podedes ver as fotos das exposicións de E. Infantil e Primaria.

GRAZAS A TODOS/AS


CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS 2013

Este ano dedicouse o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, por este motivo no colexio fixemos uns carteis conmemorativos sobre a vida e obra do autor homenaxeado. Como exemplo, poñemos aquí algúns dos carteis:


LETRAS GALEGAS 2013: ACTIVIDADES ARREDOR DA FIGURA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Nestes días estamos a traballar en torno á figura do dramaturgo ROBERTO VIDAL BOLAÑO, ... (pincha na imaxe para ver o artigo completo no Blog da Biblioteca)

MAIOS 2013

Un ano máis, os rapaces e rapazas do CEIP Amaro Refojo participamos na actividade do Maio Artístico organizado polo Concello de Verín e que se celebrou o pasado 1 de maio na Praza da Alameda. Este ano os encargados da elaboración foron os alumnos/as de 6º nivel, que fixeron unha noria de auga.


12-12-2012: HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Hai 100 anos que naceu Celso Emilio Ferreiro, unha das voces principais da literatura galega do pasado século. Por este motivo, no colexio quixemos sumarnos a unha actividade colectiva organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e dirixida a tódolos centros educativos galegos, desde Infantil a Bacharelato.

Como podedes ver no vídeo, tivemos a presencia do "espíritu" do escritor e o recitado do poema "Deitado frente ao mar" incluso en versión rap.

Distribuir contido


by Dr. Radut