Ola!
Levamos case quince días observando no CEIP Amaro Refojo un cadro, do pintor italiano ARCIMBOLDO, titulado O OUTONO. Este cadro está exposto no Museo de Louvre, en París (Francia). Tamén escoitamos "O outono" de VIVALDI.
Giuseppe ARCIMBOLDO naceu en Milán (Italia) en 1527. É un xenio do RENACEMENTO. As súas obras sorpréndennos polo seu extravagante xeito de compoñer retratos mediante a agrupación de diversos elementos da natureza.
No seu tempo acadou moita fama pero tamén tivo detractores que consideraban as súas obras inapropiadas. A obra de Arcimboldo caeu no esquecemento e o desprezo ata comezos do século XX, cando os surrealistas como Salvador Dalí o redescubriron e imitaron coma un artista imaxinativo e revolucionario para a súa época.
Arcimboldo pintou numerosas series de "As catro estacións". O pintor representou os hipotéticos rostros das estacións mediante os elementos típicos de cada unha delas. Así, o rostro da primavera está formado por flores, o verán ten rostro de froitos e corpo de trigo, mentras que o outono é un curioso compendio de follas caídas, setas, e froitos de cosecha. A serie conclúe co inverno, quizáis o retrato máis complexo e menos descifrable da serie, no que se entremezclan elementos claramente secor e fríos, como a corteza que forma a cara con outros máis cálidos e vivos como as follas da cabelleira e as dúas froitas que colgan do pescozo.