O xoves 20 de maio publicouse no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022. Na seguinte ligazón poden acceder á orde:
O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño do presente ano. Para as persoas solicitantes que dispoñan de certificado dixital ou Chave365, a partires de mañá venres 21 de maio, activarase a presentación de solicitudes mediante Sede Electrónica. Ligazóns para a tramitación en liña:
Para a presentación de solicitudes de maneira presencial no centro informamos que, a partires da vindeira semana, publicaremos nesta páxina web toda a información relativa ao proceso, así como as instrucións para a recollida e presentación de solicitudes.
Lembramos que os alumnos de 6º de primaria dispoñen do mesmo prazo e que deben realizar a presentación das solicitudes no centro de educación secundaria no que solicitaron a reserva de praza para o vindeiro curso 2021/2022.