Skip to Content

Novas

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O día 3 de decembro celebrouse o Día da Discapacidade, aínda que no colexio gústanos chamalo Día da Diversidade Funcionak, na que queremos facer visible que todas as persoas temos debilidades e fortalezas que nos fan seres excepcionais.

No panel tiñamos varios códigos QR. Aprendemos o que son e para que serven. Fixemos a lectura do código cunha tablet e falamos de onde podemos atopar estes códigos en Verín. Por exemplo, nalgúns murais pintados nas rúas e así podemos atopar información sobre a obra.

Os nosos códigos levaron ao alumnado a unha canción sobre a temática que estamos a traballar: “Extraordinario” del grupo Maldita Nerea e a un conto titulado “Super Lucia” que nos fala dos superpoderes que todos temos.

As nenas e nenos de 3 anos, tiveron a visita dun novo amigo: o ratiño come queso e axudaron a programalo para chegar a súa porción.

O alumnado de 5 anos coñeceu a Bee Bot. Foi a primeira vez que crearon a secuencia de movementos e programaron a abella robot.

 

 

 

 

Programamos cos dinosaurios!

Encántanos o mundo dos dinosaurios! A profe buscou diferentes dinosaurios e aprendemos que uns son carnívoros, outros herbívoros e e o que iso supón. Cada animal busca o camiño para comer o seu alimento preferido.

Para isto, axudámonos dos paus para marcar o camino que eliximos, que en sesións futuras será programado no robot.

Que ben o pasamos e canto aprendizaxe competencial adquirimos.

 

Aprendizaxe funcional para a vida a través da robótica

Os nenos e nenas de 3 anos vivenciaron co seu corpo os movementos dun robot e finalizaron a sesión programando ao seu amigo Croko. E os de 4 e 5 anos, despois de vivenciar os movementos do robot, reproducírono cos animais domésticos buscando o camiño para chegar a súa comida. Pero non só buscan o camiño senón que temos que traballar en equipo, dialogar, colaborar... Canto aprendizaxe funcional para a vida!

ROBÓTICA EN 2º DE PRIMARIA

En 2º de Primaria comezamos a programar!

Mentras un pequeno grupo traballa coa robótica de xeito vivencial; outro traballa dentro da aula co BeeBot no EDI.

ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 1ºEP

En 1º de Primaria xa comezamos a aproveitar o material do Proxecto “Polos Creativos”. Comezamos vivenciando o proceso de programación para despois poñernos mans á obra cos distintos robots dos que dispoñemos! 

Distribuir contido


by Dr. Radut