Skip to Content

Ed. Física

II BICICLETADA DO CEIP AMARO REFOJO

O pasado venres 29 de setembro celebramos no colexio a 2ª edición da Bicicletada, cun total de 156 nen@s participantes. Fixemos o mesmo percorrido que na edición anterior e ampliamos a participación, @s de terceiro tamén deron pedais este ano.

Coma sempre, agradecer a todas as persoas e estamentos que puxeron o seu gran de area nesta actividade: Concello de Verín, Educación Vial de Ourense, Protección Civil de Verín, Policía Local, Clube Ciclista Verín, Cabreiroá, Hortoverín e a tod@s @s pais e nais que disfrutaron deste paseo connosco.

Moitas grazas a tod@s!

  

 

AS NOVAS DEPORTIVAS DE FEBREIRO ESTÁN PREPARADAS.

Xa se escolleron as novas máis relevantes do mes de febreiro. Aquí as tedes debaixo.

Moitas grazas a tod@s por participar e... a seguir lendo deportes.

EXCELENTE PARTICIPACIÓN D@S NOS@S ALUMN@S NO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Este sábado 18 de febreiro, celebrouse en Monterrei-Ourense a xornada provincial de campo a través. 

Vari@s nen@s da nosa escola competiron nas diferentes probas e categorías.

Marina (2ºB); Elena Sotelo e Julia (3ºB); Iago Estévez, Álex, Claudia e Diego (3ºA); e Sofía (4ºA) alí estiveron.

Gran actuación a destes rapaces. Noraboa.

XORNALISTAS DESTACADOS DO MES DE XANEIRO

Aqui tedes a@s nen@s que trouxeron as novas máis sobresaíntes de xaneiro: Marcos (2ºA), Martina e Álex (3ºA), Noa, Esther, Elena Sotelo e Uxía Pérez Díaz (3ºB);e mención destacada para Valeria de 2ºB, tres das súas novas foron selecionadas entre as mellores. Noraboa a tod@s @s participantes.

GAÑADORES DO CONCURSO DE NOVAS DEPORTIVAS

Aquí tedes ós gañadores das novas máis relevantes de novembro. En decembro, como consecuencia do festival de Nadal e dos poucos días de clase non faremos concurso; voltaremos en febreiro coas primicias do ano novo.

Moitas grazas a tod@s por participar e seguide lendo deporte.

CAMPO A TRAVÉS EN TINTORES

Deixámosvos aquí unha presentación de imaxes da xornada de campo a través que tivemos hai uns días en Tintores. Noraboa aos gañadores!

 

GAÑADORES DAS NOVAS DEPORTIVAS DE OUTUBRO

Como todos os meses aquí tedes aos nen@s que trouxeron as novas deportivas máis destacadas do mes de outubro.
Destacamos a Iago Estévez e A Uxía Pérez Díaz que repiten tamén en Outubro coas súas novas.
Tamén os de 3ºB teñen unha mención especial pois é a clase con máis gañadores: Noa, Elena Sotelo, Helena Prada, Esther e a xa mencionada Uxía.
Para o mes de novembro esperamos máis e mellores novas deportivas.

I BICICLETADA CEIP AMARO REFOJO

O pasado venres 21 de Outubro @s nen@s de 4º, 5º e 6º do colexio participaron na primeira Bicicletada organizada polo colexio. 

Pasámolo en grande disfrutando en bicicleta do traxecto que une o noso centro co Parque de Cabreiroá. Percorremos a Rúa da Cruz, Maior, Elle, Camiño da Noria, Ecovía, Queizás e fixemos un ratiño de merenda e xogos no Parque.

Á volta fomos ata o San Antón, Rúa San Félix, Avenida de Sousas, Travesía de Sousas e meta no patio do colexio.

Temos que agradecer a axuda de moitímas persoas sen os cales sería inviable a celebración desta xornada: Protección Civil de Verín e Manuel que en todo momento nos facilitaron o que nos pediron; Sinda e o seu proxecto de Mobilidade Sostible e Segura; Álvaro que diseñou o percorrido; ós pais de alumn@s como Isaac, Ángel... que nos acompañaron na actividade axudando a manter a orde no pelotón; e finalmente, ós membros do Clube Ciclista Verín con Ares á cabeza que tamén estiveron connosco nesta primeira edición.Grazas a todos.

Prometemos unha segunda edición para o vindeiro curso.    

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE NOVAS DEPORTIVAS

@s gañador@s do concurso mensual de Novas Deportivas recibiron o seu premio merecido no ximnasio do colexio. Destacar a Mariña (2ºB) e Uxía Pérez (3ºB) por ter dúas novas cadansúa entre as dez mellores. Moitas grazas por participar a tod@s e lembrade que hai que ler a nova para participar no concurso.

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE NOVAS DEPORTIVAS

@s gañador@s do concurso mensual de Novas Deportivas recibiron o seu premio merecido no ximnasio do colexio. Destacar a Mariña (2ºB) e Uxía Pérez (3ºB) por ter dúas novas cadansúa entre as dez mellores. Moitas grazas por participar a tod@s e lembrade que hai que ler a nova para participar no concurso.

Distribuir contido


by Dr. Radut