Skip to Content

Dinamizando a Lingua

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DECEMBRO 2022

FELIZ LECTURA!

O APALPADOR VISITA O AMARO

Chegou o Nadal e, con el, o Apalpador! Hoxe visitou aos nenos e nenas de Infantil e Primaria. Logo de contarlles un conto e de falar con eles/as, deixoulles unhas doces lambetadas de regalo!

Coma sempre, foi unha visita especial que nos encantou a todos/as.

Álbum: CURSO 2022-23 -> O Apalpador visita o Amaro

CONTA QUE TE CONTA 6/2022 2023: "TROCO"

Continuamos con noso #contaqueteconta do #curso2022_2023, este venres temos á Profe Uxía!

 

CONTA QUE TE CONTA 4 "A CASTAÑA QUE REVENTOU CA RISA" 2022/2023

Continuamos con noso #contaqueteconta do #curso2022_2023, este venres temos á Profe Marina!

CERTAME LITERARIO - 1º DE PRIMARIA: RECEITAS CON CASTAÑAS

Este curso 2022/23 volvemos a facer o noso certame literario. Aquí vos queda un vídeo no que se vos explican as instrucións a seguir para facer as receitas con castañas que terán que elaborar os alumnos e as alumnas de 1º de Primaria:

CONTA QUE TE CONTA 2/2022 2023: A VACA QUE PUXO UN OVO

COPLAS DOS MAIOS (SOLIDARIOS) 2020

Accede aquí ás Coplas dos Maios Solidarios 2020 do CEIP Amaro Refojo

CONCURSO LITERARIO E VÍDEO "TODO O DÍA NA CASIÑA"

A Fundación Otero Pedrayo convoca un concurso literario en homenaxe ao centenario da revista e Xeración NÓS e á figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Os/As que esteades interesados/as en participar, debedes mandar unha composición poética antes do 17 de maio ao seguinte email: concurso.fundacion.otero.pedrayo@gmail.com

(Premede na imaxe para ampliar o cartel da convocatoria)

 

Por outra banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou recentemente un videoclip musical titulado "Todo o día na casiña", ao que se pode acceder premendo na seguinte imaxe:

 

LETRAS GALEGAS 2017

Aínda que xa pasou un tempo, algunhas familias pedíronos que colgaramos as actividades que se fixeron con motivo do Día das Letras Galegas, así que aquí está. Trátase da obra de teatro "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" e varias proxeccións con entrevistas aos nenos/as que levan por título "Falamos galego!".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut