Skip to Content

Música

14 de FEBREIRO: O AMOR. "O NACEMENTO DE VENUS" de BOTTICELLI

Sandro Botticelli naceu en Florencia en 1445. Foi un pintor do QUATTROCENTO italiano.

Este cadro (O nacemento de Venus) representa a Venus (deusa romana do AMOR) chegando a unha praia da illa de Citerea, impulsada por Céfiro e Aura. Céfiro, deus do vento do oeste, e Aura, a brisa, son símbolo da paixón espiritual.

Xunto a outra obra famosa de Botticelli, A primavera, O nacemento de Venus atópase na Galería Uffizi en Florencia (Italia).

A deusa grega do amor era chamada Afrodita.

14 de FEBREIRO: O AMOR. "ANDAR CONMIGO" de JULIETA VENEGAS

Julieta Venegas é unha compositora, cantante, música, activista e produtora mexicana orixinaria de Tijuana, que acadou posicionarse como unha das cantautoras latinas máis recoñecidas a nivel mundial.

É unha artista polifacética que salienta tocando principalmente o piano, a guitarra e o seu característico acordeón.

Realizou múltiples colaboracións con artistas latinos, en dúos e composicións, compuxo música para teatro e realizou a banda sonora de decenas de películas.

Tamén é gañadora dun Premio Grammy e cinco Grammy Latinos, Julieta Venegas foi nomeada en 2009 Embaixadora de... La Buena Voluntad por a UNICEF en México.

Escoita aquí "Andar conmigo".

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ. NENO CON POMBA, de Picasso

Pablo PICASSO naceu en Málaga en 1881.

Foi o impulsor do movemento CUBISTA tanto no mundo da pintura como no da escultura. Realizou "Neno con pomba" cando tiña 19 anos. A obra de Picasso atravesou etapas diferentes: etapa azul, etapa rosa, cubismo e unha etapa con influencias do surrealismo.

Moi relacionado co 30 de xaneiro, DÍA DA PAZ, están as tres obras que expoñemos de Picasso: Neno con pomba, Pomba e Guernica.

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ. ONE LOVE, de Bob Marley and The Wailers

Mentres Bob Marley contemplaba un cadro do seu amigo Roma Selvaggio e observaba os conflitos do mundo na televisión chegou á conclusión de que os nosos problemas só se resolverían coa unión.

Compuxo One Love en 1965, pero a derradeira gravación e publicación tivo lugar en 1977 e, posteriormente, foi considerado o mello tema REGGAE da historia... unha canción de unión, amor e paz.

Escoita aquí a canción:

"ONE LOVE, ONE HEART. LET´S GET TOGETHER AND FEEL ALL RIGHT"

Un amor, un corazó. Unámonos e sentirémonos ben!

 

FESTA SNOB PARA A PRINCESA de Joan MIRÓ

Joan Miró naceu en Barcelona en 1893.

É un dos máximos representantes do surrealismo. As súas obras soen organizarse sobre neutros fondos planos e están pintadas cunha gama limitada de cores brilantes, especialmente azul, amarelo, verde e negro.

MOITA FESTA de Carlos Núñez

Esta melodía (Moita festa) foi composta en 1829 por José Pacheco, o mestre de capilla da catedral de Mondoñedo (Lugo). Foi interpretado no Nadal dentro da catedral, única época do ano no que permitían xuntar instrumentos populares cos da orquestra.

Carlos Núñez recolleuna e arranxouna para incluír na gravación do seu disco "A irmandade das estrelas" (1996).


BODEGÓN, de CHARDIN

E para acompañar a música de Luar na Lubre, expoñemos unha pintura de Jean Simeon CHARDIN: Tetera branca, uvas, castañas, coitelo e botellas (Museo de Louvre, París).

J.S. Chardin naceu en París en 1699. Está considerado como un dos máis importantes pintores franceses do século XVIII.


Esta pintura é un bodegón. Os bodegóns representan obxectos inanimados, xeneralmente extraídos da vida cotiá, que poden ser naturais (animais, froitas, flores, comida, plantas, rochas ou conchas) ou feitos polo home (utensilios de cociña, de mesa ou de casa, antigüidades, libros, xoias, monedas, pipas, etc.) nun espazo determinado.

O SON DO AR, de Luar na Lubre

Ola! O luns 12 de novembro, aproveitando que celebramos o magosto, escoitaremos durante dúas semanas O SON DO AR, de Luar na Lubre.

Luar na Lubre é un grupo galego de música folk, nacido en 1986 na cidade de A Coruña e encadrado na corrente que se deu en chamar "música celta".

- Luar significa "lucenza da lúa"

- Lubre refírese ao "bosque sagrado onde os druídas celtas facían os seus rituais".

Entre os instrumentos que o grupo emprega atópanse: a gaita galega, a gaita midi, o acordeón diatónico, o violín, frautas e whistles, a guitarra acústica, o bouzouki, a pandeireta e o bodhram.

EL GRITO, de Edvard MUNCH

Edvard Munch naceu en Loten (Noruega) en 1863.

El grito está considerada como unha das máis importantes obras do artista e do movemento Expresionista. Os expresionistas defendían unha arte máis persoal e intuitiva, onde predominase a visión interior do artista -a "expresión"- fronte á plasmación da realidade -a "impresión"-.

Munch realizou catro versións do cadro. A máis famosa está na Galería Nacional de Noruega.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut