Skip to Content

Secretaría

APERTURA DO PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

•  Impreso de formalización de matrícula. Descargar impreso
•  Folla de datos complementarios. Descargar impreso
•  Copia do DNI dos proxenitores e d@ alumno@ (se o ten)
•  Copia do Libro de Familia (se NON se entregou coa solicitude de admisión)
•  No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia d@ alumn@
•  Copia da tarxeta sanitaria
•  Copia da cartilla de vacinacións
•  Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, @ alumn@ se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario
•  Dúas fotografías tamaño carné

DEVOLUCIÓN LIBROS DE PRÉSTAMO CURSO 2021/22

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO DE ADSCRICIÓN

(Preme na imaxe para acceder á información)

PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS PARA O CONSELLO ESCOLAR

Publicadas as candidaturas do sector pais/nais/titores legais para o proceso electoral do Consello Escolar 2021. Lembramos que as votacións terán lugar o vindeiro martes 23 de novembro no edificio de primaria en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

ALUMNADO DESTINATARIO: alumnado de Educación Primaria.

1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar que cumpra algunha das seguintes condicións:

a) Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

c) Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 NON ten que presentar solicitude.

- O alumnado que estea na situación do punto 2 e que non solicitara a axuda para libros e material escolar (FondoLibros) deberá cubrir os Anexos I e II e entregalos na secretaría do centro previa solicitude de cita.

PRAZO: dende o 15 ata o 26 de novembro de 2021.

NORMATIVA: Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG do 12 de novembro).

ANEXOS I e II: Na seguinte ligazón pode descargar o impreso para cubrir a solicitude. Tamén pode recollerse no centro.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG do 29 de setembro), realizarase neste centro a renovación parcial do Consello Escolar, instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá ao efecto e estará integrada por:

  • O director do centro.
  • 1 profesor/profesora.
  • 1 pai/nai/titor legal.
  • 1 representante do persoal de administración e servizos.

Os tres últimos serán designados por sorteo, segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1998, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O devandito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase no edificio de primaria o xoves 21 de outubro, ás 12:00 horas.

A DIRECCIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut