Skip to Content

blogue deadmin

ADMISIÓN ALUMNADO. PROCESO DE RESERVA DE PRAZA - CURSO 2020/2021

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2020/2021:

  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive
  • Prazo de entrega da documentación xustificativa dos criterios alegados, no caso de que sexa necesario baremar (cando o número de solicitudes sexa superior ao de prazas ofertadas): do 25 de marzo ao 7 de abril
  • Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 24 de abril
  • Prazo de reclamación: do 25 de abril ao 4 de maio 
  • Exposición de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: 14 de maio
  • Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

 

PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2020/2021

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A SOLICITUDE DE PRAZA:

  • Impreso de solicitude de admisión (Anexo II). Podes solicitalo no centro ou descargalo aquí: galego / castelán. Tamén se pode cumprimentar e entregar telemáticamente no enderezo:

                                      https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • Fotocopia do Libro de Familia ou documento acreditativo da idade do/da alumno/a (no caso de non posuír Libro de Familia).
  • Certificado oficial do expediente académico no caso de solicitar a reserva para un curso académico que así o requira.
  • En caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial onde conste a custodia do/da menor.

 

 NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:

  • Unha única solicitude: Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, esta terá carácter vinculante, sen perxuízo de que cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, advertindo de que a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle
  • Comunicación ao centro de orixe: O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Comunicación da renuncia á reserva de praza: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES: VER MAPA

 

HORARIO DE SECRETARÍA PARA RECOLLIDA E ENTREGA DE SOLICITUDES:

                     Luns a venres, de 9:00 a 13:00h.

    
NORMATIVA APLICABLE:

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, pola que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 26 /12/12)
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG 15/03/13)
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12/03/2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión (DOG 1/02/2017)

XORNADA PORTAS ABERTAS - CURSO 2020/2021

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO (CURSO 2020/2021)

NOTA INFORMATIVA

Con motivo do proceso de reserva de praza para o curso escolar 2020/2021 dos alumnos de 6º de Educación Primaria para o correspondente centro de adscrición (IES Xesús Taboada Chivite), informamos que a partires do 1 de febreiro comezou o prazo para a presentación das solicitudes. As familias poderán facer a solicitude de reserva de praza mediante:

       -Presentación da solicitude debidamente cumprimentada na secretaría do centro. O impreso da solicitude pódese descargar aquí: solicitude

       -Presentación da solicitude na Sede Electrónica (se dispoñen de certificado dixital ou Chave365) a través da aplicación ADMISIONALUMNADO, na dirección eléctronica www.edu.xunta.es/admisionalumnado

       -Presentación da solicitude de forma telemática a través da aplicación informática ADMISIONALUMNADO, seguindo a seguinte ruta:

                           Solicitudes / Reserva / Crear

IMPORTANTE: Se esta última é a opción elixida, os pais DEBERÁN APORTAR igualmente ao colexio a solicitude co código xerado pola aplicación unha vez cuberta, para que no centro poidamos recuperar e xestionar a devandita solicitude de cara ao centro de destino. Se non se aporta a solicitude co código, a reserva NON será efectiva.

Independientemente da forma de presentación da solicitude, xunto con esta, deberá tamén entregarse cumprimentado o impreso de previsión de matrícula do IES Xesús Taboada Chivite.

Prazo para a presentación das solicitudes: do 1 ó 17 de febreiro

Calquera dúbida será resolta polo centro educativo.            

 

NOTA: Lembren que este proceso é soamente de reserva para garantir a praza e facer unha previsión de matrícula por parte do instituto. Unha vez admitida a solicitude, deberán igualmente matricularse no instituto nos prazos estipulados para a formalización de matrícula (do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2020).

FESTIVAL DE NADAL 2019

ED. INFANTIL

 

ED. PRIMARIA

IV DÍA DA BICICLETA CEIP AMARO REFOJO

O pasado día 27 de setembro, organizamos o 4º Día da Bicicleta do CEIP Amaro Refojo. Máis de 200 ciclistas polas rúas de Verín. Agradecer a todos aqueles que nos axudaron na realización desta actividade: Concello de Verín, Dirección Xeral de Tráfico, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil de Verín, Augas de Sousas, Hortoverín, Club Ciclista Verín, Club BTT Verín, nais, pais, avós e avoas; sen a implicación e colaboración deles sería imposible que todo saise ben. Moitas grazas a todas e todos.

Voltaremos para setembro do 2020.

 

REUNIÓN PAIS/NAIS DE ED. INFANTIL

VÍDEOS DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2018-19

RECOLLIDA DE VALES

Distribuir contido


by Dr. Radut