Estimadas/os nais, pais, titoras/es legais do alumnado de 3º e 6º de educación primaria:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, fixo públicas as datas para a realización da avaliación individualizada de terceiro curso e da avaliación de final da primaria e presentou un borrador de resolución no que se ditan instrucións para o desenvolvemento de ditas probas.
Dende o centro, convócasevos a unha reunión informativa o vindeiro luns 25 de abril, ás 16:30h na Biblioteca do CEIP, na que trataremos de dar resposta as posibles dúbidas e cuestións que vos vaian xurdindo sobre este tema.
Bertamiráns, 19 de abril de 2016
A Directora
Mª Isabel Abelleira Bardanca