blogue deDirección do Centro
PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE TRES ANOS NO CURSO 2022/2023
Enviado por Dirección do Centro o Sáb, 02/07/2022 - 5:54am
4º A e 4º B de EDUCACIÓN INFANTIL |
|||
Na primeira semana, de xoves 8 a venres 9 de setembro faranse 3 quendas |
|||
QUENDA A De 9:30hs a 10:30hs |
QUENDA B De 10:45hs a 11:45hs |
QUENDA C De 13:00hs a 14:00hs |
|
Na segunda semana, de luns 12 a venres 16 de setembro faranse 2 quendas |
|||
QUENDA A De 9:30hs a 11:30hs |
QUENDA B De 12:00hs a 14:00hs |
||
Desde o luns 19 de setembro |
|||
Todos e todas de 9:05hs a 14:05hs |
TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23
Enviado por Dirección do Centro o Dom, 19/06/2022 - 10:00pmDesde o 20 de xuño até o 10 de xullo ábrese o prazo para solicitar praza no transporte escolar para o vindeiro curso 2022/23.
Serán persoas usuarias lexítimas do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas escolarizadas en 2º ciclo de educación infantil ou en niveis de ensinanza obrigatoria cuxos domicilios se encontren fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 quilómetros, calculada utilizando o itinerario máis directo á pé. Para poder ser persoas usuarias lexítimas do servizo as persoas alumnas deberán estar escolarizadas no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. Neste caso, valorarase excepcionalmente ampliar provisionalmente a ruta afectada se os tempos permiten a realización do servizo ou facilitar unha axuda individualizada. Para este trámite é imprescindible presentar o ditame de escolarización forzosa ou certificado da dirección do centro que acredite o carácter forzoso da escolarización.
As persoas alumnas que non teñan dereito ao uso do transporte escolar (persoas alumnas cursen FP ou Bacharelato, aquelas que viven a menos de 2 quilómetros do centro, escolarizados fora da zona de influencia que non teñen ditame de escolarización forzosa, uso de transporte escolar doutro centro entre outros poderán solicitalo con carácter excepcional.
As persoas usuarias excepcionais non poden solicitar o establecemento de novas paradas.
Aquelas persoas usuarias excepcionais que soliciten facer uso dunha praza de transporte escolar poderán ser autorizadas para facer un uso excepcional se cumpren todos os seguintes requisitos:
– Que existan prazas dispoñibles no vehículo.
– A persoa alumna utilice algunha das paradas existentes, sen modificación das rutas nin creación de novas paradas.
– Non teña necesidade de incorporación de acompañante.
Esta autorización é provisional e revogable en calquera momento.
A solicitude farase a través dun formulario web, ao que pode acceder dende aquí: ACCESO AO FORMULARIO
É moi importante que lean atentamente o formulario antes de cubrilo e de envialo, só permite un envío.
Ante calquera dúbida ou problema que lle xurda póñanse en contacto co centro nos seguintes teléfonos de atención:
881866006 (Paco)
LEXISLACIÓN RELACIONADA:
LEI 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. (BOE, 31/07/87). Texto consolidado, 29 de setembro de 2018.
REAL DECRETO 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/01). Modificado polo Real Decreto 894/2002, do 30 de agosto, (BOE, 31/08/02). Texto consolidado, última modificación: 5 de setembro de 2006.
DECRETO 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 27/06/88). Modificado polo Decreto 342/1998, do 27 de novembro, (DOG, 03/12/98) e polo Decreto 65/2014, do 28 de maio, (DOG, 10/06/14).
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022_23
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 17/06/2022 - 11:19amEducación Infantil: Non hai libros
Educación primaria:
Pode consultar o listado de libros para educación primaria para o
5º e 6º de primaria teñen libro dixital
Os listados de material serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por Dirección do Centro o Lun, 23/05/2022 - 8:16amBECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 19/05/2022 - 9:22amPrazo de presentación de solicitudes desde o 19 de maio de 2022 até o 30 de setembro de 2022
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2022/23
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 19/05/2022 - 7:56am
O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño 2022, non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022/23.
O horario establecido polo centro para a devolución é o seguinte:
|
Luns 20 de xuño |
Martes 21 de xuño |
Mércores 22 de xuño |
Mañá |
De 9:15 h a 13:30h |
De 9:15 h a 13:30h |
De 9:15 h a 13:30h |
Tarde |
De 16:30h a 18:30h. |
Non hai recollida |
Non hai recollida |
CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN
- Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que comprobará se compren as condicións de devolución. A devolución farase só no espazo habilitado para devolución, por favor, sigan os carteis coas indicacións.
- Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
- O ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso
- Manteñan en todo momento a distancia de seguridade, garden fila e cumpran coas medidas de hixiene e desinfección.
- Si os representantes legais do alumnado así o desexan e o solicitan, recibirán posteriormente un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos, para iso deberán deixar un correo electrónico para que se lle poida enviar.
As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 18/05/2022 - 10:42amPRAZO
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (ED330B) os pais, as nais, os titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2022/23. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o/a alumno/a resulte admitido/a, que será o encargado da súa gravación e tramitación.
En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia a un dos proxenitores e nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
ADMISIÓN 2022/23
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 13/05/2022 - 9:27amTodos os alumnos/as que fixeron unha solicitude de admisión en prazo para o curso 2022/2023 están admitidos definitivamente.
Aquelas solicitudes presentadas fóra de prazo terán que esperar á resolución da Comisión de Escolarización, e contactarase desde o centro en canto haxa resolución
Recordatorio sobre entradas e saídas
Enviado por Dirección do Centro o Mér, 04/05/2022 - 8:06amEstimadas nais, pais, familias
Queremos facervos un recordatorio e PEDIRVOS ENCARECIDAMENTE A VOSA COLABORACIÓN para que as entradas e saídas sigan funcionando correctamente.
HAI 3 entradas ao recinto ben diferenciadas: o portal de infantil para o alumnado de infantil, o portal da pérgola para o alumnado transportado e o de 4º, 5º e 6º, e o portal lateral para alumnado de 1º, 2º e 3º.
o
AS ZONAS DE ENTRADA TEÑEN QUE ESTAR SEMPRE LIBRES PARA QUE POIDAN SER FLUÍDAS.
o
DEIXADE UN PERÍMETRO DE 2 ou 3 METROS ARREDOR DE CADA ENTRADA.
o
NON HAI QUE AMONTONARSE.
o
NON HAI QUE PEGARSE AOS PORTAIS.
o
NON HAI QUE INVADIR AS ZONAS DE PASO
o
NON HAI QUE OCUPAR A DÁRSENA DE AUTOBUSES
1º ENTRA O ALUMNADO DE AUTOBÚS de 8:50h a 9:00h
Hai que deixar a entrada libre para que as acompañantes os poidan achegar até o portal e, unha vez alí, o profesorado de garda xa os vai encamiñando para cada porta de entrada.
Por favor, pedímosvos que non esteades no portal esperando, nin quededes na zona de entrada mirando, charlando, etc. Non é o momento de facer aglomeracións.
2º ENTRA O ALUMNADO NON TRANSPORTADO de 9:00h a 9:05h - 9:10h
Igualmente hai que deixar a entrada libre.
Non é necesario nin prudente que cheguedes antes das 9:00h.
Si deixades que as vosas fillas e fillos se acheguen sós á entrada todo resultará mellor.
Normalmente deixamos os portais abertos até ás 9:05-9:10h
Por favor, continuemos sendo responsables, colaboremos todas e todos.
Grazas!
Concreción curricular da avaliación na educación primaria
Enviado por Dirección do Centro o Mar, 26/04/2022 - 10:04amSegundo o disposto na Disposición transitoria cuarta da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Os centros docentes disporán dun prazo de 2 meses para adaptar a súa concreción curricular para adecuala aos cambios normativos na avaliación, na promoción e na titulación.
Co fin de garantir o dereito do alumnado a que o seu rendemento se valore consonte criterios de plena obxectividade, os centros docentes adoptarán as medidas precisas para facer públicos e comunicar ás familias os criterios de promoción e, de ser o caso, os criterios de titulación que resultarán de aplicación no curso 2021-2022.
Concreción curricular
Avaliación
A avaliación da aprendizaxe do alumnado levarase a cabo tomando como referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos da etapa os criterios de avaliación e, de ser o caso, os estándares de aprendizaxe que se recollen no Decreto105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os referentes da avaliación no caso do alumnado con adaptación curricular serán os incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ao curso ou á etapa seguinte.
A avaliación do alumnado será continua e global, e terá en conta o seu progreso no conxunto dos procesos de aprendizaxe.
No contexto deste proceso de avaliación continua, cando o progreso dunha alumna ou dun alumno non sexa o axeitado estableceranse medidas de reforzo educativo. Estas medidas adoptaranse en calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades, con especial seguimento da situación do alumnado con necesidades educativas especiais, e estarán dirixidas a garantir a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o proceso educativo.
A avaliación das competencias clave está integrada na avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado, na medida en que ser competente supón mobilizar os coñecementos, as destrezas, as actitudes e os valores para dar resposta ás situacións expostas, dotar de funcionalidade as aprendizaxes e aplicar o que se aprende desde unha formulación integradora. 6. Na valoración do desenvolvemento das competencias do alumnado teranse en consideración, de ser o caso, os estándares de aprendizaxe das diferentes áreas que se relacionan cunha mesma competencia, os cales conforman o perfil desa competencia.
Promoción
Ao finalizar os cursos segundo, cuarto e sexto da etapa, e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente do grupo, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión será adoptada de xeito colexiado, tendo en conta os criterios de promoción e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor. A promoción no resto de cursos da etapa será automática.
O alumnado que acade a promoción de curso con algunha área con cualificación negativa recibirá os apoios necesarios para recuperar as aprendizaxes que non alcanzara o curso anterior.
O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase se, tras aplicar as medidas ordinarias suficientes, adecuadas e personalizadas para atender o desfasamento curricular ou as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno, o equipo docente considera que a permanencia un ano máis no mesmo curso é a medida máis adecuada para favorecer o seu desenvolvemento. Nese caso, o equipo docente organizará un plan específico de reforzo para que, durante ese curso, a alumna ou o alumno poida alcanzar o grao de adquisición das competencias correspondentes. Esta decisión só poderá adoptarse unha vez durante a etapa, oídas as nais, os pais ou as persoas que exerzan a titoría legal, e terá, en todo caso, carácter excepcional.
Para a elaboración e o seguimento do plan específico de reforzo, a que se refire o punto anterior, seguirase o establecido no artigo 50 da Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Ao finalizar os cursos segundo e cuarto da etapa o profesorado titor emitirá un informe sobre o grao de adquisición das competencias de cada alumna ou alumno, indicando, de ser o caso, as medidas de reforzo que se deben prever no ciclo seguinte.
Co fin de garantir a continuidade do proceso de formación do alumnado, cada alumna ou alumno disporá ao finalizar a etapa dun informe elaborado pola súa titora ou polo seu titor sobre a súa evolución e o grao de adquisición das competencias desenvolvidas. No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, o informe deberá reflectir as adaptacións e medidas adoptadas, e a súa necesidade de continuidade na seguinte etapa escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »