Skip to Content

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE 4º EI

26/06/2023 13:00

Bo día:

A continuación especificamos o horario do período de adaptación para os nenos e nenas que se incorporan a 4º de Educación Infantil.

Este período será do 12 de setembro ao 15 de setembro de 2023.

-11 e 12 de SETEMBRO: 10:30 á 12:00 h

-13, 14 e 15 de SETEMBRO: 10:30 á 13:00 h

Nesta primeira semana (do 11 ao 15) NON haberá comedor.

Un saúdo

CIRCULAR FIN DE CURSO

21/06/2023 14:47

Nos datos adxuntos podedes atopar a circular de fin de curso.

Un saúdo.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2023-24

24/05/2023 13:29

Para tódalas familias con fillos/as que o curso que vén estarán en Educación Primaria:

Xa podedes facer a solicitude para as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. O prazo remata o 21 de xuño.

O enlace a toda a información é o seguinte: 

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Podedes facela na Sede Electrónica ou entregar cuberta no centro educativo.

Se a facedes na aplicación e non a entregades na Sede Electrónica, debedes traer os impresos da aplicación ao centro, pois saen cun número de solicitude.

Podedes descargar os impresos nos datos adxuntos.

 

Un saúdo.

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS/AS CURSO 2023-2024

15/05/2023 10:08

Bo día,

Nas listaxes definitivas para o curso 2023-24todo o alumnado que fixo a solicitude foi admitido.

As listas poden consultarse no interior do centro ou en Sede Electrónica. O período para a formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño.

Un saúdo.

ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024

27/02/2023 09:41

Nos datos adxuntos pódense atopar diversos documentos relacionados co proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2023-2024. A información irase colgando nesta mesma entrada. Os documentos que aparecen son os seguintes:

- Calendario de admisión e matrícula.

- Vacantes curso 2023-2024.

- Anexo II ED550B.

 

* Enlace á aplicación de admisión alumnado:

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

RESERVA PRAZAS IES

22/02/2023 09:07

Todas as solicitudes de reserva realizadas para acceder ao centro adscrito (IES San Tomé de Freixeiro) están aceptadas. 

Lembramos que a renuncia a esta praza só se pode facer ata o 28 de febreiro, e que sen renunciar a esta praza NON se poderá realizar unha solicitude de praza noutro centro durante o período ordinario (1 a 20 de marzo) e que de facela, poderá ser causa da perda do dereito a participar no procedemento.

 

Un saúdo.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS CURSO 2023-24

24/01/2023 09:29

Bo día,

As xornadas de portas abertas serán nos días e horas indicadas aquí abaixo. Chamade previamente ao centro (986-213-713) para concertar cita nun dos días.

Un saúdo.

 

Martes 28 de febreiro ás 16:00 horas.

Martes 28 de febreiro ás 17:00 horas.

Mércores 1 de marzo ás 10:00 horas.

Martes 7 de marzo ás 16:00 horas.

Martes 7 de marzo ás 17:00 horas.

Mércores 8 de marzo ás 10:00 horas.

MANIFESTO 6º NADAL

22/12/2022 15:54

Dende o CEIP Altamar, neste nadal cultivamos a RESILIENCIA para crear a nosa esencia. Nós sabemos moito de resiliencia, xa que tivemos que sobrepoñernos ás adversidades da vida que viñeron nestes anos e aprendimos a fortalecernos con estas experiencias. É parte das nosas aprendizaxes de vida.

Desexamos un novo ano 2023 no que a sociedade, derivado da resiliencia aprendida ao longo desta etapa, nos axude a crear un mundo menos violento, máis pacífico e tranquilo, cheo de amizade e descubrimentos, de familias tan felices como somos dentro da familia do Altamar, un mundo cheo de mans unidas fronte as guerras, un mundo no que a igualdade de xénero sexa unha realidade e non só un discurso, un mundo cheo de bosques e libre de contaminación.

@S NEN@S DE 6º QUEREMOS DARVOS AS GRAZAS POR LOITAR CONNOSCO PARA FACER DESTE MUNDO UN LUGAR MELLOR!

CIRCULAR NADAL 2022

21/12/2022 13:39

 A TODAS AS FAMILIAS DO NOSO CENTRO

Resultados das Avaliacións

Mañá, día 22 de decembro, xoves, reciben os resultados correspondentes á primeira avaliación. O boletín de cualificacións imprímense directamente a través do programa XADE da Consellería de Educación e só o resgardo do boletín onde figura a sinatura da nai, pai ou titor/a deberá ser devolto á profesora titora.

Remate do trimestre

Este día, 22 de decembro, iniciarase o periodo de vacacións de Nadal. A actividade lectiva reiniciarase o luns 9 de xaneiro de 2023.

 

 

En nome do Claustro do CEIP Altamar, e no noso propio, facémoslles chegar os nosos mellores desexos de saúde e felicidade para as festas que se aveciñan e para o ano 2023.

O Equipo Directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut