Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR

10/09/2021 13:54

O luns comeza o comedor escolar para tódolos cursos excepto 4º Educación Infantil, que non comezarán ata o 22 de setembro.

Adxúntase menú escolar de setembro, así como quendas no comedor.

Lembramos que a hora de recollida será, como moi tarde será ás 16:00 horas.

Un saúdo.

COMEDOR ESCOLAR

08/09/2021 13:52

Tódalas solicitudes realizadas para o comedor escolar foron admitidas. 

O inicio do servizo será o LUNS 13 DE SETEMBRO, xa que debemos recolocar aos grupos de convivencia estable en quendas diferentes e adaptar as mamparas para separar aos usuarios/as.

Ao longo desta semana colgaremos como quedan establecidas as quendas segundo o curso e indicaremos se queda algunha praza dispoñible.

Moitas grazas pola comprensión.

Un saúdo.

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS

07/09/2021 10:54

HORARIOS E PORTAS DE ENTRADA

 

  • PORTA PRINCIPAL: PRIMARIA

    • ENTRADA:

      • de 9:00 a 9:05: 5º e 6º

      • de 9:05 a 9:10: 3º e 4º

      • de 9:10 a 9:15: 1º e 2º

        • O alumnado subirá polas escaleiras (non polas ramplas).

        • En caso de chegar tarde deben esperar a que entre toda primaria, polo tanto ás 9:15.

        • Os familiares permanecerán na beirarrúa (agás o primeiro día de 1º de primaria).

    • SAÍDA:

      • ás13:50: 1º e 2º

      • ás13:55: 3º e 4º

      • ás14:00: 5º e 6º

        • O alumnado baixará polas escaleiras(non polas ramplas).

        • Os familiares permanecerán na beirarrúa.

          DEBIDO AO AXUSTADO DO HORARIO PRÉGASE MÁXIMA PUNTUALIDADE TANTO NA ENTRADA COMA NA SAÍDA

           

  • PORTA SECRETARÍA: INFANTIL

    • ENTRADA:

      • de 9:10 a 9:20.

    • SAÍDA:

      • ás13:50.

        • Tanto o alumnado como as familias accederá polasramplas (non polas escaleiras)

        • A partir das 9:20 esta porta permanecerá pechada ou para uso da secretaría polo que deberán acceder pola porta principal.

REUNIÓNS INFANTIL E CALENDARIO DE PERÍODO DE ADAPTACIÓN

01/09/2021 11:58

O venres 3 de setembro haberá reunións presenciais para Infantil cos seguintes horarios:

4º Educación Infantil: 9:30 - 10:30

5º Educación Infantil: 10:45 - 11:45

6º Educación Infantil: 12:oo - 13:00

Nos datos adxuntos está o arquivo co calendario do período de adaptación para 4º Educación Infantil.

SOLICITUDES COMEDOR 2021-2022

Nos datos adxuntos pódense atopar os documentos a encher para solicitar o comedor escolar durante o curso 2021-2022.

Por un lado está a autodeclaración, que xa indica no propio documento os pasos a seguir, e por outro lado o documento de solicitude xenérico do centro, onde indica que documentación se debe traer segundo cada caso acompañando os documentos aquí indicados.

O documento da empresa encargada de cátering será enviado ás familias usuarias en canto a empresa nos envíe o modelo deste ano.

Lembramos que, como se indicou na circular de fin de curso, as solicitudes serán entregadas entre o 2 e o 8 de setembro de 10:00 a 12:00 na secretaría do centro.

CEIP Altamar

ENTREGA DE PREMIOS ACERGA

03/07/2021 12:43

O curso de terceiro de educación primaria do noso centro participou no concurso convocado pola Cosellería de Pesca relativo á pesca sostible e a pesca de cerco. As alumnas premiadas acudiron a recoller o galardón a Santiago de Compostela, acompañadas polas súas familias, a titora de nivel e a directora do centro.

 

 Noraboa polo voso esforzo!

 

ENTREGA DE PREMIOS ACERGA

O cruso de terceiro de educación primaria do noso centro participou no concurso convocado pola Cosellería de Pesca relativo á pesca sostible e a pesca de cerco. As alumnas premiadas acudiron a recoller o galardón a Santiago de Compostela, acompañadas polas súas familias, á titora do nivel e a directora do centro.

 

 Noraboa polo voso esforzo!

 

ENTREGA DE PREMIOS ACERGA

O curso de terceiro de educación primaria do noso centro participou no concurso convocado pola Cosellería de Pesca, relativo á pesca sostible e a pesca de cerco. As alumnas galardonadas acudiron a Santiago de Compostela acompañadas polas súas familias, á titora e a directora do centro.

 

 Noraboa polo voso esforzo!

CIRCULAR FIN DE CURSO

22/06/2021 10:36

Nos datos adxuntos podedes acceder á circular de fin de curso 2020-2021 que irá acompañando os boletíns dos nenos e das nenas.

Lembrade poñela á vista posto que hai datas a ter en conta.

Tamén nos datos adxuntos poderedes atopar a listaxe de libros de texto para o curso 2021-22. 

Un saúdo,

CEIP Altamar.

Axudas material infantil 2021-2022

Información sobre as Axudas Municipais
 
Escolares- Curso 2021-2022
 
O prazo de presentación de solicitudes
 
será  do 10 de xuño ao 07 de
 
xullo (ambos incluídos).
 
As solicitudes presentaranse a través da
 
carpeta cidadán do concello de Vigo
 
ou presencialmente mediante cita previa.
 
Poderase pedir cita a partir do luns día 7
 
de xuño.
 
As axudas de libros e material escolar o
 
próximo curso pasan de 85€ a 100€/
 
alumno. Estas axudas son para alumnas/os
 
de educación infantil.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut