Eventos
Bo día,
Nas listaxes definitivas para o curso 2023-24, todo o alumnado que fixo a solicitude foi admitido.
As listas poden consultarse no interior do centro ou en Sede Electrónica. O período para a formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño.
Un saúdo.
Para tódalas familias con fillos/as que o curso que vén estarán en Educación Primaria:
Xa podedes facer a solicitude para as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. O prazo remata o 21 de xuño.
O enlace a toda a información é o seguinte:
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Podedes facela na Sede Electrónica ou entregar cuberta no centro educativo.
Se a facedes na aplicación e non a entregades na Sede Electrónica, debedes traer os impresos da aplicación ao centro, pois saen cun número de solicitude.
Podedes descargar os impresos nos datos adxuntos.
Un saúdo.
Adxunto pódese ver o menú do comedor escolar correspondente ao mes de OUTUBRO do 2023.
Un saúdo.