Punto Laranxa contra o acoso escolar

Secretaría

Axudas á Educación Infantil, curso 2024/2025

O Concello de Vilagarcía convoca axudas para o alumnado de Educación infantil no curso 2024/2025.

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 30 de setembro de 2024.

Presentación solicitudes na sede electrónica do concello http://sede.vilagarcia.gal/private/registry-new/6167195

no Rexistro xeral municipal, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 29/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

BASES DA CONVOCATORIA

SOLICITUDE

Listaxes definitivas alumnado solicitante fondo libros e axudas libros texto e material escolar. Curso 2024/2025

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO SOLICITANTE DE   FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2024/2025

 

 

As listaxes están expostas no taboleiro interno do CEIP A Lomba, poden consultar as listaxes definitivas de Fondo libros para o alumnado de 3º e 4º  de primaria.

 

O alumnado de 5º e 6º de EP non ten  libros formato papel por estar no programa E-Dixgal (empregan ordenador).

 

Preguntar na secretaría do CEIP A Lomba se están teñen dereito ao vale para a adquisición de libros de texto (1º e 2º EP), e/ou se lles corresponde o vale para a adquisicón do material escolar (alumnado de 1º a 6º de EP).

 

A ENTREGA DE VALES FARÁSE A PARTIR DO 9 DE SETEMBRO.

 

 

Solicitude colaborador voluntario Comedor Escolar curso 2024/2025

As nais, pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familias do alumnado do CEIP A Lomba que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión na Secretaría do centro ata o día 08 de setembro de 2024.

Anuncio da convocatoria aquí

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

 

 

 

 

Listaxes provisionais Fondo Libros e axudas adquisición libros de texto e material escolar curso 2024/2025

LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO SOLICITANTE FONDO LIBROS E AXUDAS

LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2024/2025

 

As listaxes están expostas no taboleiro interno do CEIP A Lomba, poden consultar as

listaxes definitivas de Fondo libros para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

 

O alumnado de 5º e 6º de EP non vai empregar os  libros en formato papel por estar no

programa E-Dixgal (libro dixital).

 

 O alumnado de 1º e 2º de primaria non saen nesas listaxes, teñen que preguntar na

secretaría do CEIP A Lomba se están admitidos ou excluídos.

 

Para saber se teñen dereito ao vale do material , alumnado de 1º a 6º de EP, tamén lles

facilitamos esa información na secretaría do centro.

 

 

Autodeclaración Comedor Escolar 2024/2025

 

Autodeclaración comedor escolar 2024/2025

 

A autodeclaración pode ser presentada na secretaría do colexio ata o 19 de xullo ou 24 de setembro de 2024.

 

 

IMPORTANTE: A non presentación da autodeclaración supón o pago máximo do importe do comedor, 4,50€ diarios, no caso de estar admitido neste servizo para o curso 2024/2025.

Distribuir contido

Back to top