Últimos Artigos
Concello de Vilagarcía de Arousa - Campamento urbano de nadal 2024/2025
O Concello de Vilagarcía ven de convocar o CAMPAMENTO URBANO DE NADAL 2024/25.
Axudas á Educación Infantil, curso 2024/2025
O Concello de Vilagarcía convoca axudas para o alumnado de Educación infantil no curso 2024/2025.
Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 30 de setembro de 2024.
Presentación solicitudes na sede electrónica do concello http://sede.vilagarcia.gal/private/registry-new/6167195
no Rexistro xeral municipal, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 29/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.
Listaxes definitivas alumnado solicitante fondo libros e axudas libros texto e material escolar. Curso 2024/2025
LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO SOLICITANTE DE FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
CURSO 2024/2025
As listaxes están expostas no taboleiro interno do CEIP A Lomba, poden consultar as listaxes definitivas de Fondo libros para o alumnado de 3º e 4º de primaria.
O alumnado de 5º e 6º de EP non ten libros formato papel por estar no programa E-Dixgal (empregan ordenador).
Preguntar na secretaría do CEIP A Lomba se están teñen dereito ao vale para a adquisición de libros de texto (1º e 2º EP), e/ou se lles corresponde o vale para a adquisicón do material escolar (alumnado de 1º a 6º de EP).
A ENTREGA DE VALES FARÁSE A PARTIR DO 9 DE SETEMBRO.
Solicitude colaborador voluntario Comedor Escolar curso 2024/2025
As nais, pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familias do alumnado do CEIP A Lomba que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión na Secretaría do centro ata o día 08 de setembro de 2024.
Anuncio da convocatoria aquí
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
- Solicitude para colaborar como voluntario no comedor escolar no curso 2024/2025
- Declaración responsable
- Código conta cliente do seu banco.
Listaxes provisionais Fondo Libros e axudas adquisición libros de texto e material escolar curso 2024/2025
LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO SOLICITANTE FONDO LIBROS E AXUDAS
LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
CURSO 2024/2025
As listaxes están expostas no taboleiro interno do CEIP A Lomba, poden consultar as
listaxes definitivas de Fondo libros para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
O alumnado de 5º e 6º de EP non vai empregar os libros en formato papel por estar no
programa E-Dixgal (libro dixital).
O alumnado de 1º e 2º de primaria non saen nesas listaxes, teñen que preguntar na
secretaría do CEIP A Lomba se están admitidos ou excluídos.
Para saber se teñen dereito ao vale do material , alumnado de 1º a 6º de EP, tamén lles
facilitamos esa información na secretaría do centro.
Autodeclaración Comedor Escolar 2024/2025
Autodeclaración comedor escolar 2024/2025
A autodeclaración pode ser presentada na secretaría do colexio ata o 19 de xullo ou 24 de setembro de 2024.
IMPORTANTE: A non presentación da autodeclaración supón o pago máximo do importe do comedor, 4,50€ diarios, no caso de estar admitido neste servizo para o curso 2024/2025.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »