VISITA DUN PINTOR
O mércores 5 de decembro tivemos unha visita moi especial: veu ao cole un pintor, que ademais era o papá dunha nena de 4 anos.
Ensinounos moito sobre a pintura e fixo un cadro moi chulo dunha paisaxe.
Magosto 2012
Este ano, coma en cursos anteriores, celebramos o magosto con distintas actividades: obradoiros, murais, decoración de espazos, exposicións, elaboración do recetario de Dona Castaña, contos e cancións na biblioteca,...
Cos produtos dos obradoiros montamos esta exposición...
"Polo San Martiño, peóns ao camiño..." Novembro 2012
Un ano máis sacamos os peóns para xogar e axudar a que este xogo popular non se esqueza...Bailamos buxainas e perinolas, os pequenos fixeron eles de trompos e, entre todos, montamos un mural que quedou así de ben...Mirade!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »