Iniciar sesión: Acceso

Tarefas 3º trimestre Educación Física

 

Concreción de tarefas (terceiro trimestre).

 

Boas rapaces/as,

 

xa queda menos para rematar o confinamento e tamén o curso escolar. Como posiblemente non podamos retomar as clases de educación física, sería importante que polo menos saibades algunhas das actividades que tiñamos pendentes de facer. Gustaríame que polo menos tentarades facelas na casa, para así ter algo de idea ou sensacións de cara ó curso próximo. Son cousas divertidas, sinxelas e que vos poden servir de moito.

Se é posible estaría xenial que me enviasedes isto antes do 15 de xuño (un mes):

 

  1. Elaboración dun modelo de quencemento, dos xa vistos durante o 1º e o 2º trimestre. Pode realizarse nun archivo de texto ou en formato audiovisual (video co móbil).

     

  2. Realización dun video dun minuto de duración como máximo no que realicen un baile ou coreografía (copiado ou inventado). No caso de ter irmáns no cole, podedes compartir o video. Vale para os/as dous/dúas.

     

  3. Investigación sobre os xogos populares. Escoller un e explicalo nun archivo de texto, acompañado dunha imaxe.

     

 Enviaranse ditas tarefas ó wasap do colexio ou ó correo electrónico habilitado para a entrega das tarefas.

 

Como vos digo sempre...NON É OBRIGATORIO facelas, pero se valoran positivamente, e sempre vos poden axudar, nunca penalizarán.

 

Unha aperta, Iván.

 

 

 

Back to top