#YOMEQUEDOENCASA cuida tu cuerpo
Querido alumnado...nenas e nenos do cole. Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa. Sen dúbida unhas vacacións diferentes, excepcionais...que ningún de nós esquecerá.
Como non sabemos exactamente cando imos voltar á normalidade, continuarei pasándovos enlaces con actividades varias para que vaiades ocupando o tempo, e lembrándovos de min. Xa deixei claro no anterior escrito que non é obrigatorio facelas...pero non está demais que lles botedes un ollo.
Este enlace é moi completo. Unha axenda saudable na que tedes organizadas diferentes actividades relacionadas con contidos que xa vimos. Tedes diferentes tarefas que podedes facer individualmente ou en familia. Son cousas sixelas que pode facer calquera de vós, e indiferente se sodes de 1º ou de 6º curso (algunhas máis que outras).
Para ir ó enlace premer aquí.