Iniciar sesión: Acceso

ENTROIDO Curso 2012-13

 

ENTROIDO Curso 2012-13

 

A semana de entroidada comezou o luns 4 de febreiro cando o noso novo Meco (o futuro espantallo do horto) nos informaba de que para “o entroido festexar algo na cabeza traerás". A semana continuou con moitos mandadiños:

Martes; “Para traballar aquí non esquezas o mandil”.

Mércores; “Con algo fermoso adorna o teu pescozo”.

Xoves; “A semana xa se acaba por qué non pintas a cara?”

Tanto as profesoras coma o alumnado somos moi guiadiños así que esa semana acudimos ao noso centro mooooi guapos, mirade!

Podedes ver un vídeo dos mandadiños de todo o alumnado "clicando" no seguinte enlace: http://youtu.be/DEZdNOUp9wQ

 

O día venres 8 de febreiro festexamos no centro o Entroido. A temática deste ano era o horto polo que todos os cursos iamos disfrazados en torno a esta temática.

Mirade que guap@s estabamos todos!:

Desfilamos todos xuntos pola vila e cada grupo cantou una canción relacionada coas vestimentas que levaban. Pasámolo xenial!

Cando voltamos ao centro, merandamos productos típicos do Entroido gracias ás aportacións das familias que trouxeron postres moi ricos!

Coma sempre, as fotos desta celebración podédelas ver na galería de imaxes, pero se queredes acceder a elas máis rapidamente “clicade” no seguinte aquí.

Por certo....SAÍMOS NA PRENSA!!!: aquí.

Back to top