Prezadas familias:
Acaba de publicarse no DOG as axudas para libros e material escolar para o curso 2020-21 e acceso ao fondo solidario da Xunta.
O prazo para presentar as solicitudes –preferentemente por vía telemática, rematará o día 19 de xuño
(Para facelo presencialmente tedes que esperar a recibir as instrucións de como procederemos tendo en conta
o Protocolo de medidas de prevención na reapertura dos centros educativos.
En breve recibiredes información a través da web do colexio e de ABALARMÓBIL.
Por favor, agradecermos de momento NON acudir ao centro ata novo aviso. GRAZAS)
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Para máis información premer AQUÍ
Corrección de erros - Orde e instrucións fondolibros, axudas libros e axudas material escolar - 2020/2021
Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2020, produciuse un erro, que aparece na páxina 20658:
O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.
Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia.