Seguindo o artigo 30 do Decreto 92/1998, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario, convócase ao Sorteo público para constituír a Xunta Electoral ás 12.00 do venres 18 de outubro na sala de usos múltiples do centro que se encarga da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.
Estará integrada pola directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de Administración e servizos, os cales serán designados por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.
Ao ser un sorteo público a comunidade educativa do centro pode asistir ao mesmo. Agradecemos enviar un correo a ceip.castelao.vigo@edu.xunta.gal, informando da asistencia.
En Vigo a 11 de outubro de 2024
Rocío Rodríguez Conde