CHARLA FORMATIVA PARA PROFESORADO E FAMILIAS

Estimadas familias: 

En colaboración co Centro de Formación e Recursos de Vigo, e despois do éxito acadado na charla impartida recentemente por Daniel Novoa, ofrecémosvos estoutra que coidamos pode ser do interese de toda a Comunidade Educativa. 

Hai xa un tempo, algunhas familias especialmente sensibilizadas solicitáronnos formación sobre esta temática que afecta á vida diaria de todos moito máis do que poidésemos imaxinar.

Por que vos animamos a asistir?

  • Porque a ponente é unha especialista de recoñecido prestixio, cunha dilatada experiencia e recursos moi útiles.
  • Porque a súa charla pode axudarnos a comprender situacións diarias que nos resultan difíciles de xestionar: hipersensibilidade a estímulos sensoriais, xestión de crises de ansiedade, condutas disruptivas...
  • Porque nos permitirá coñecer mellor ós demais e, por ende, a nós mesmos. 

Por razóns de aforo, precisaríamos coñecer o número de persoas que estaríades interesadas en asistir. En función diso, comunicaremos dentro duns días o lugar de celebración da charla, que en todo caso será ou no centro ou nas súas proximidades. Por iso, pedímosvos que, como data tope o domingo 20 de marzo, cubrades o seguinte formulario. Non é preciso (malia que poida parecelo) introducir ningunha conta de Google. 

Moitas grazas e un saúdo.