6º PRIMARIA - 30 de marzo

E VOLTAMOS A POLO LUNS!! 

 Despois de termos RECONQUISTADO VIGO dende as nosas casas!!!

Pois xa sabedes que esta fin de semana sería celebrada no Casco Vello a festa da Reconquista de Vigo non?

 Foi unha pena non poder celebrala na rúa! Pois esta festa é unha das nosas maiores excusas para poñer en valor e fardar con orgullo da nosa cultura galega: nela a nosa apreciada gastronomía exténdense polos tenderetes que enchen as rúas; a xente vístese de época e canta e baila ao estilo tradicional; os instrumentos máis arraigados na nosa cultura, como as gaitas, as pandeiretas e os pandeiros, sonan en cada esquina, e todo o mundo festexa entre verbas en galego...  

A mín a festa encántame e o sábado a noite tomei chouripan na miña casa, como boa viguesa,e vós?? Mirade, mirade, como celebraron outros vigueses a nosa festa neste enlace:

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2020/03/29/vez-reconquista-quedarse-casa/2269379.html

 

E ti sabes de onde ven esta festa? RÉTOTE HOXE A:

- Coñecer máis sobre a túa cidade vendo este vídeo. 

   

QUE NINGUÉN ESQUEZA A IMPORTANCIA DA HISTORIA....

 PORQUE A HISTORIA VOLVE....SEMPRE VOLVE.....

e agora tócanos reconquistar Vigo a nós en tempo real... 

 

Reconquistar os nosos espazos botándo fóra ao Coronavirus!!! 

A nosa mellor arma: encher os nosos cerebros de sabedoría e loitar contra o aborrecemento na casa....     

 

AdxuntoTamaño
TAREFAS 30 MARZO.pdf357.08 KB
ortografía b v.pdf2.86 MB