DIA DA PAZ NO CEIP ALFONSO D.RODRÍGUEZ CASTELAO E A ASOCIACIÓN BICOS DE PAPEL

 

 

Prezadas familias,

Como sempre o Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao de Vigo, coa colaboración da ANPA do colexio O Muíño, potencia e dinamiza o día 30 de xaneiro como día mundial pola PAZ e a CONVIVENCIA.

Este ano para nós é unha data especial porque tamén queremos colaborar coa Asociación Bicos de Papel(Asociación sen ánimo de lucro que nace da unión dunhas familias que un día recibiron a noticia de que os seus cativos tiñan cancro)

Con tal motivo, este día desenvolveremos unha serie de actividades:

    Ás 11h30: inaguración simbólica da aula de psicomotricidade do edificio de infantil co nome BICOS DE PAPEL (por motivos de espazo limitado e seguridade, este acto o faremos coas familias e alumnado de infantil)

    Ás 12 h: Convidada toda a comunidade educativa na pista cuberta de primaria:

         Baile zumba Madre tierra: alumnado de infantil e primaria

         Posteriormente gozaremos da actuación de Cé Orquestra Pantasma (Músico vigués autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais)

CONTAMOS CON VÓS NUNACTO QUE CONSIDERAMOS MOI LINDO E EDUCATIVO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. Tamén están convidados os medios de comunicación para que asistan a este evento.