DIAS NON LECTIVOS

Lembramos a todas as nosas familias que os días 31 de outubro e 2 de novembro de 2012 non haberá clase.

* O día 31 de outubro foi declarado non lectivo pola Xefatura Territorial de Pontevedra, unha vez vista a proposta do Consello Escolar do noso centro formulada ao abeiro do disposto no artigo 7 da Orde do 13 de xuño de 2012, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/13.

* O día 2 de novembro foi establecido coma Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos no curso 2012/13, segundo a citada Orde do 13 de xuño de 2012.

Dentro da sección SECRETARÍA tedes a información sobre o calendario escolar deste curso, xunto co enlace á súa publicación no DOG.