LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. CURSO 14-15

Nos arquivos adxuntos están dispoñibles as listaxes definitivas de alumnos admitidos e non admitidos para o curso 2014-2015.

 

Importante: Os alumnos/as que resultasen admitidos, deberán formalizar a matrícula no prazo do 20 ao 30 de xuño. Máis información no apartado SECRETARÍA - MATRÍCULA.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. CURSO 2014-15

Nos arquivos adxuntos podedes consultar as LISTAXES PROVISIONAIS  dos admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2014/2015.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar.

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR. CURSO 2014/2015

Convocada a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria, do Concello de Vigo para o curso 2014/2015.

Os programas subvencionables serán:

1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa)

2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será do 2 ao 30 de maio de 2014.

A publicación das bases e a resolución das axudas realizarase no taboleiro oficial de anuncios da Casa do Concello, nas Unidades de Traballo Social (UTS) e na páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org.

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN-MATRICULACIÓN CURSO 2014-15

Informamos que ante o número de solicitudes presentadas procederemos a BAREMAR. A partires do 24 de marzo e até o 3 de abril, todas as familias que solicitachedes este colexio como primeira opción deberedes presentar a documentación acreditativa do baremo alegado.

Lembrar que o horario de secretaría é:

MAÑÁ: 9h15 a 10h45 e 13h15 a 13h45

TARDES (só os martes) 16h15 a 18h15

(NON SE ATENDERÁ FORA DESTE HORARIO)

CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014-2015

O Consello Escolar do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, reunido en sesión extraordinaria o mércores 26 de febreiro de 2014, acorda por unanimidade DECLINAR o criterio complementario recollido no artigo 28 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

Matrícula 2014-2015

A partires do 1 de marzo comeza o proceso de admisión para novo alumnado no noso centro.

Tedes toda a información no apartado  O CENTRO / SECRETARÍA / MATRÍCULA

Haberá unhas xornadas de portas abertas os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2014 nos seguintes horarios:

Mañá: 9.15 h. / 9.45 h. / 13.15 h.

Tarde (só o martes, 25): 16.15 h. / 16.45 h. / 17.15 h. / 17.45 h.

*Non é preciso reservar hora, abonda con axustarse ás horas indicadas.

Distribuir contido