TODOS PREPARADOS PARA AFRONTAR A TERCEIRA OLA!

 Benqueridas familias: 

 

Despois da paréntese do Nadal, cómpre un baño de realidade. Temos que prepararnos para unha terceira ola da COVID, como a prensa nos ven repitindo de xeito reiterado estes días. 

 

Aínda que o desexásemos, as escolas non somos inmunes ó virus. Hoxe mesmo temos confinado media clase de 4º de Primaria pola PCR positiva dun dos seus alumnos. É certo que, ata o de agora, o colexio estivo sorteando moi ben a situación. Pero… ollo! Non podemos baixar a garda. Por iso, a risco de ser reiterativos, queremos lembrarvos

 

  1. A necesidade de realizar todos os días, antes de saír da casa, a autoenquisa COVID
  2. Mellor pecar de exceso que de defecto: non enviades ós cativos á escola se presentan algún síntoma compatible; comunicade esta circunstancia no teléfono COVID.
  3. O uso de mascara é obrigatorio a partir dos 6 anos. Por tal motivo, as familias de 6º curso de Infantil debedes ir entrenando ós vosos fillos e fillas no seu uso, xa que, en canto cumpran esta idade, só poderán prescindir dela no momento da merenda. 
  4. Extremade as precaucións durante o tempo que os nenos non están na escola. De nada serven os protocolos se, polas tardes, se incumpren as normas sanitarias. 

 

Coa axuda de todos temos surfeado as olas ata agora. Gracias pola vosa colaboración para seguir facéndoo así. 

 

Despedímonos enviando unha aperta enorme ó noso alumnado confinado

RESERVA DE PRAZA PARA CENTROS ADSCRITOS

 

Estimadas familias: 

Como saberedes pola prensa, este curso adiántase o proceso de adscrición do alumnado. Este procedemento só afecta ós alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria que queren continuar os seus estudios no centro adscrito (I.E.S. de Valadares). 

No recadro superior tedes un resumo do proceso, así como o acceso ós documentos. De todos xeitos, deixámosvos os enlaces á lexislación que regula este procedemento

NADAL! TEMPO DE MAXIA!

Nadal  

Benqueridas familias: 

Despois dun trimestre de incertezas chegamos a estas festas con saúde, coidándonos os uns ós outros. Sen dúbida, serán unhas celebracións moito máis caseiras e entrañables que as de outros anos. Os bicos teremos que substituílos por apertas virtuais. Pero ó noso modo, e con orixinalidade, gozaremos momentos de encontro. 

Tampouco na escola quixemos renunciar a eses ritos que xa son tradicionais na nosa Comunidade Educativa: 

  • a Visita de Papá Noël;
  • a felicitación navideña ós nosos amigos de APAMP e Alento
  • as Recomendacións de lectura, para que nas nosas cartas navideñas estean presentes os libros.

Como é probable que teñamos máis tempo para estar na casa, tamén queremos lembrarvos que a nosa Radio Escolar está buscando un logo que a identifique. Algúns de vós xa tedes enviado as vosas propostas, pero... seguro que todavía existen ideas marabillosas agromando nas vosas mentes!

Premede na imaxe para acceder a este abano de propostas. 

E, sobre todo... GOZADE DUN NADAL FELIZ E SAUDABLE!

 

O Equipo Docente

Distribuir contido