Estimadas familias:
Comunicámosvos as datas das Xornadas de Portas Abertas deste curso:
- 24 de febreiro
- 3 de marzo
ás 17:00 horas.
Para podervos atender con tranquilidade, creando un clima ordenado que facilite a comunicación, pregamos a vosa colaboración tendo en conta as seguintes observacións:
- En cada sesión o aforo estará reservado a 25 familias.
- Por tal motivo, farase unha inscrición previa mediante formulario.
- Poderedes acceder dúas persoas por familia.
- Serán reunións para adultos. Por favor, acudide sen cativos.
- A información que se proporcionará estará enfocada, principalmente, ás familias do alumnado que solicita praza para Educación Infantil.
- Confirmaremos a vosa asistencia a través do medio que nos proporcionedes (teléfono - email).
Segundo a vosa conveniencia, podedes inscribirvos nos seguintes formularios (non é preciso iniciar sesión para cubrilos):
Moitas grazas pola vosa colaboración.