Libros de texto e material didáctico

LISTAXE DEFINITIVA-FONSO SOLIDARIO LIBROS-CURSO 2019-20

Podedes consultar a listaxe definitiva do Fondo Solidario Libros para o curso 2019-20.

As familias de 5º e 6º de Educación Primaria non mercar ningún libro ata non falar en setembro coas titoras.

Lembrar que a entrega de libros a fará o profesorado o primeiro dia de curso, o mércores 11 de setembro, a cada alumno.

Un saúdo

A directora

 

CONSULTAR LISTAXE DEFINITIVA- Aquí

 

 

 

CALENDARIO FONDO SOLIDARIO LIBROS, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

 

En setembro publicaremos a listaxe de todos os libros e materiais para o curso 2019-20 (os libros de 3º-4º-5º e 6º EP serán os memos que os destes últimos cursos escolares)

A entrega dos libros a realizarán as titoras e titores o día 11 de setembro cando iniciemos as clases.

As familias que non recollan os vales nas datas establecidas NON poderán recollelos ata setembro.

 

 

 

 

===========================================================================================================

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR- CURSO ESCOLAR 2019-20

 

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20. CLICA PARA LER. 

O prazo para presentar a solicitude rematará o día 21 de xuño de 2019

(este incluído). Horario de Secretaría: LUNS-MÉRCORES-VENRES de 9 a 9.45

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA. CLICA.

Opcionalmente poderase presentar presencialmente nos centros docentes. Entregarase cunha copia da primeira folla.

A presente orde integra nun formulario as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

FORMULARIO para descargar en papel -AQUÍ-

 

====================================================

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2018-19- ADMITIDOS E EXCLUÍDOSi

 

 

 

 

 

Prezadas familias:

Neste arquivo adxunto consta a relación de alumnado que ten o vale de libros ou/e vale de material concedido ou denegado.

Se o alumno/a figura na listaxe pero o apartado está en branco quere decir que a axuda está CONCEDIDA. Cando pasedes polo colexio a recoller o vale se os especificará o importe da cuantía exacto.

O martes 3 e mércores 4 de xullo, as familias poderán pasar a recoller os vales no novo edificio de infantil de 9h30 a 13h.

Un saúdo

A dirección

 

Convocatoria Fondo solidario e axudas libros curso 2018-19

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019

O prazo remata o 22 de xuño de 2018.

HORARIO DE SECRETARÍA:

*   De LUNS a VENRES de 9h a 9h45 (excepto os MÉRCORES)

*   Os MARTES de 16h a 17h

ENLACE Á CONVOCATORIA...web

 

===========================================================================

LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL. CURSO 2017/2018

NO ARQUIVO ADXUNTO ATOPAREDES

AS LISTAXES DE LIBROS E MATERIAL

PARA CADA UN DOS CURSOS

DO VINDEIRO 2017/2018.

Distribuir contido