O pasado mércores celebramos a fin deste estupendo ano escolar da mellor forma posible: I EDICIÓN DA FEIRA GASTRONÓMICA MASTERCEIP
Foi un curso cheo de receitas e bos momentos ao redor da mesa e non podíamos comezar o verán sen degustar os manxares do Angorén.
Cada curso, guiados pola titora e acompañados polas familias, prepararon uns postos de comida moi variados e todos eles deliciosos: humus, empanada, biscoito, batidos, bolas de xeado con froita, bombóns, tostas variadas, vasiños de iogur, ovos recheos e afternoon tea!
A comida, pero sobre todo, a compañía e compartir momentos xuntos, fixeron desta xornada un dos mellores días do ano para toda a comunidade educativa.
Despedímonos por todo o alto e agora mergullámonos no verán!
Hoxe a mañá no Angorén foi moi distinta… nótase que a fin do curso está chegando… Queriamos un día soleado, pero as nubes decidiron ser cómplices dos monitores e tivemos “festa da auga natural”. Metidos de cheo na búsqueda do tesoura da Atlántida, fomos superar as probas. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi mollarnos e mollar aos demais, porque o verán está chegando!
Entre todo o alumnado fixemos un mural colaborativo para traballar a figura do homenaxeado deste ano: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, a quen debemos, xunto a outros dous membros da RAG, a celebración desta data.
INFANTIL realizou a súa caricatura.
PRIMEIRO E SEGUNDO reproduciron dun xeito moi creativo as portadas dalgúns dos seus libros.
TERCEIRO E CUARTO fixeron un acróstico a partir do seu nome e apelidos.
QUINTO E SEXTO elaboraron unha liña do tempo coas datas máis significativas da súa vida.
Seguimos inmersos no proxecto de MasterCeip e durante o mes de novembro nas distintas aulas traballamos experimentos relacionados ca cociña.
Os máis pequenos con maicena, cocacola, mentos, colorante... creamos un volvan e fluído non newtoniano!! Que ben o pasamos no
laboratorio!!
Noutra clase das clases investigamos sobre as herbas aromáticas. Os nenos e nenas foron traendo á aula plantas moi interesantes: herba luísa, romeu, lavanda...
Aprendemos os seus nomes, experimentamos cos seus aromas e fixemos estes estupendos perfumes, aos que ademais lles puxemos un nome.
No mes de outubro traballamos, dentro do proxecto de centro "MasterCeip" os froitos de outono.
Dita estación ofrécenos un montón de actividades con elementos naturais, os cales, aproveitamos para coñecelos, manipular e experimentar como tanto nos gusta
Unha familia tróuxonos diversas variedades de millo que tivemos que debullar e aproveitamos para experimentar, facer operacións matemáticas cos grans, pesalos na báscula, pintamos coa espiga verdadeiras obras de arte...
Tamén fixemos receitas coas familias, nas que incorporamos algúns froitos da época.
Canta diversión con elementos naturais!!
Os maiores, aproveitando que neste mes realizamos unha visita á Casa de Rosalía en Padrón, apañamos castañas dun dos castiñeiros do seu xardín. Agora, agardamos que pronto agrome o noso "Souto de Rosalía".
O día 16 de outubro foi o día internacional da alimentación e desde o cole, aproveitando o proxecto de MasterCeip, quixemos realizar un obradoiro de almorzo saudable e solidario, xa que ademais de gozar dunha merenda rica, trouxemos alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos.
Aproveitamos para traballar algunhas das metas que nos marcan os ods:
- Poñer fin a fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible.
- Garantir unha vida sa e promover o benestar para todxs en todas as idades