Skip to Content

Servizos

INFORMACIÓN E HORARIOS DOS SERVIZOS

Grazas ao traballo da ANPA e á súa colaboración estes servizos son posibles.

Poñédevos en contacto con elas para solicitar máis información.

 

MADRUGADORES

De luns a venres de 07:45 a 08:45. Servizo con ou sen almorzo. 

Posibilidade de aumentar horario falando coa ANPA.

*Baixo demanda

 


 COMEDOR

De luns a venres de 13:45 a 15:45. Catering Calidus.

Menús de cada mes en "Comedor" na páxina web.

 


 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 

De luns a venres de 15:45 a 18:00. Máis información en ANPA

 


 

TELÉFONO DE CONTACTO DA ANPA

617 39 51 39

Programa Municipal de Conciliación verán 2022

25/05/2022 13:09
Europe/Madrid

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación para este ano 2022, unha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar e permitir que as e os participantes poidan gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival.

O prazo de inscrición, totalmente de balde, permanecerá aberto dende o día 24 de maio ata o día 3 de xuño. O programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres e, tanto o horario coma os meses nos que se levará a cabo o programa, estarán suxeitos á normativa e medidas ditadas polas autoridades competentes na materia por motivo da Emerxencia sanitaria pola COVID-19, pudendo sufrir variacións.

Máis información: http://redondela.gal/es/anuncios

Nos adxuntos atoparedes as bases e ficha de incrición.

 

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DO NADAL

03/12/2021 12:01
Europe/Madrid

Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

As actividades darán comezo o 22 de decembro e rematarán o 7 de xaneiro do 2022 e desenvolveranse de luns a venres (agás os días 24 e 31 de decembro). 

A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e como adxunto nesta entrada.

Poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM).

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 10 de decembro de 2021, ambos dous días incluídos.

Para máis información pinchade no seguinte enlace:

http://redondela.gal/es/anuncios

Servizos complementarios do centro

06/09/2023
Europe/Madrid

O noso centro educativo conta cos seguintes servizos complementarios:

 

  • Transporte escolar
  • Comedor escolar
  • Aula Madruga
  • Actividades extraescolares

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut