Skip to Content

FONDO LIBRO E AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2020- 2021

Onte publicouse no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de libros  de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2020-2021.

O alumnado que pode solicitar estas axudas é:

- 1º e 2º EP: Axuda  para compra de libros e material

- 3º a 6º EP: Préstamo libros (fondo solidario) e axuda material

O calendario do proceso será o seguinte:

  • Presentación de solicitudes:  Ata 19.06.2020
  • Recollida de materiais do alumnado que quedou no centro educativo e devolución dos libros do curso 2019/2020:

Día

Hora

Curso

Ten que devolver libros:

Luns 8 de xuño

9.00- 14.00

EI

NON

Martes 9 de xuño

9.00- 11.30

1º EP

NON

12.00- 14.00

2º EP

NON

Mércores 10 de xuño

9.00- 11.30

3º EP

SI

12.00- 14.00

4º EP

SI

Venres 12 de xuño

9.00- 11.30

5º EP

SI

12.00- 14.00

6º EP

SI

  • Publicación das listaxes provisionais: Ata o 06.07.2020
  • Reclamación das listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación
  • Publicación das listaxes definitivas: 09.07.2020
  • Recollida de vales (libros de texto e material): 

MARTES 14 DE XULLO DE 9.00- 15.00

 

Para a presentación presencial haberá que entregar os Anexos I e II (Clic enriba) na secretaría do centro en horario de 9.00 a 14.00 horas e con cita previa, chamando ao 886120405 ou mandando un correo electrónico a ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es. Debido á situación actual a presentación será preferentemente electrónica. Pódese presentar facendo clic aquí.

 

 MÁIS INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA:

- Orde do 12 de maio de 2020 (Ligazón ao DOG do 19 de maio)

- Manual de usuario para cidadanía



page | by Dr. Radut