Skip to Content

ORGANIZACIÓN TERCEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias:

Unha vez analizadas e debatidas as indicacións das últimas Instrucións da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Haberá uns cambios na organización de centro que  resúmense nos seguintes puntos:

  • Dende o Centro educativo (e coa estimable colaboración do Concello de Redondela) asegurarase un dispositivo electrónico por familia para que poidan afrontar o terceiro trimestre. Tamén se dotará de conexión a internet ás familias que non teñen outras alternativas. Esta decisión tomarase en base aos resultados da enquisa "Tics e tarefas escolares" (feita as anteriores semanas) e as diferentes entrevistas telefónicas que tivemos con vós.
  • Seguimos estando dispoñibles en todas as ferramentas de comunicación vía telemática que se vos facilitaron: Google- drive, Abalarmobil, blogues, contas de gmail e da Consellería, teléfonos, WhatsApp… se vos atopades con algunha dificultade pregamos que contactedes con nós.
  • Para facilitarvos o traballo mudaremos a organización por sesións escolares nunha táboa que recollerá unha actividade interdisciplinar e globalizada da persoa titora e unhas propostas a maiores das persoas especialistas. Está serán subidas as mesmas carpetas e blogues que estamos empregando nestes momentos e que tedes como primeira entrada da nosa web.

Agardamos que estas medidas facilítenvos un pouco máis a vosa labor e estamos a vosa entera disposición.

Un saúdo e ánimo



page | by Dr. Radut