Skip to Content

NOVIDADES RESPECTO Á SUSPENSIÓN DE CLASES

Queridas familias:

Tal e como vos estamos explicando por vía telefónica, nos últimos días Inspección Educativa remitiu as instrucións para que os centros educativos procedamos a formalizar o peche da segunda avaliación na data prevista, venres, 3 de abril. Neste sentido, informan, que non serán avaliables as actividades realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma, o día 13 de marzo de 2020. 

En cumprimento do exposto anteriormente, dende o Colexio, queremos informarvos que durante esta semana realizaremos as xuntas de avaliación (a través de medios telemáticos) e teremos  en conta que o trimestre rematou abruptamente de forma que moitas das vosas fillas e fillos quedaron pendentes de realizar exames, traballos, etc.

Deste xeito, os boletíns de notas publicaranse a través de abalarmobil o vindeiro venres 3 de abril a partires das 13.00 horas. Se alguén tivese problemas para acceder a el rogamos que se poña en contacto co centro a través do teléfono, correo electrónico ou o propio abalarmobil . 

Por outra banda, as autoridades educativas sinalan a necesidade de seguir programando actividades por medios telemáticos que o alumnado poida realizar dende o seu domicilio. No CEIPP Alexandre Bóveda queremos que estas se adecúen as posibilidades e necesidades das nosas nenas e nenos tanto como sexa posible e, por iso, pedímosvos encarecidamente que completedes a seguinte ENQUISA sobre as tarefas dixitais (click na imaxe para acceder). 

Finalmente,  o equipo directivo e o profesorado do Colexio Angorén, queremos agradecervos o esforzo que estades a realizar polas vosas fillas e fillos, así como as mostras de agarimo e compresión que estamos recibindo por vías telemáticas. Moitas grazas por demostrarnos que estamos conseguindo un dos obxectivos máis importantes e complexos nun colexio: funcionar como unha verdadeira comunidade educativa.

Moitas grazas e unha aperta



page | by Dr. Radut