Eventos
Solicitude de Admisión
Prazo: do 1 ao 20 de marzo
Para PRESENTAR unha SOLICITUDE deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
PRESENTACIÓN NA SEDE ELECTRÓNICA:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.
PRESENTACIÓN NO CENTRO:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
FORMULARIO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
HORARIO PARA ENTREGAR SOLICITUDES NO CENTRO
* MAÑÁS: 12:00 – 15:00h
* MARTES TARDE: 16:00 – 18:30h
Alumnado ao que vai dirixido |
Novo alumnado |
Prazo de presentación das solicitudes |
Do 1 ao 20 de marzo de 2024 |
Documentación |
Solicitude: DNI do alumno/a ou libro de familia. DNI dos pais. Resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso. E todos aqueles necesarios para evidenciar os puntos alegados. |
Presentación de solicitudes |
Na secretaría do centro.
A través da Sede Electrónica. A través da aplicación “admisionalumnado”. |
Normativa reguladora do proceso de admisión |
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Ordedo 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado. |
Servizos complementarios que ofrece o centro |
Madrugadores. Comedor. Transporte escolar. |
IMPORTANTE |
|
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión |
CALENDARIO 2024-25
Do 1 de marzo ao 20 de marzo |
Presentación de Solicitudes de Admisión. Modelo |
Do 22 de marzo ao 12 de abril |
Presentación da Documentación do Baremo de ser necesario. |
25 de abril |
Publicación da Lista Provisional. |
Do 26 de abril ao 3 de maio |
Presentación de Reclamacións á Lista Provisional. |
15 de maio |
Publicación da Lista Definitiva. |
Do 20 de xuño ao 30 de xuño |
Formalización da Matrícula. |
VACANTES CURSO 2024/25
*NEAE= Alumnado con Necesidades Especificas de Apoio Educativo
CURSO |
VACANTES |
CURSO |
VACANTES |
4º Ed. Infantil |
18 2 (NEAE*) |
1º Ed. Primaria |
4 2 (NEAE*) |
5º Ed. Infantil |
6 |
2º Ed. Primaria |
10 |
6º Ed. Infantil |
11 |
3º Ed. Primaria |
10 |
|
4º Ed. Primaria |
5 |
|
5º Ed. Primaria |
|
||
6º Ed. Primaria |
1 |