Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Septembro 06, 2023

A empresa de transporte que leva ao noso alumnado é BENITO ABALO, S.L.

Encargarase das 4 liñas de transporte que temos actualmente. 

Respéctanse todas as paradas.

Poñédevos en contacto coa dirección do centro para solicitar o servizo de transporte escolar ou calquera dúbida relacionada co mesmo.

O teléfono de contacto da empresa é o seguinte: 986 540 101

 

           

O noso centro educativo conta cos seguintes servizos complementarios:

 

  • Transporte escolar
  • Comedor escolar
  • Aula Madruga
  • Actividades extraescolares

 

 

Xoves Septembro 07, 2023

  

No adxunto podedes atopar o modelo de inscripción para facervos socias/os da ANPA. 

Start: 07/09/2023 01:40

 

Estas son as actividades que, grazas á ANPA, teremos no cole polas tardes.

Nos adxuntos atoparedes os modelos de inscripción e o cadro de actividades.

O alumnado levara os modelos impresos para casa, o vindeiro luns 11.

Calquera dúbida poñédevos en contacto con elas no teléfono 617 395 139

Start: 07/09/2023 01:57

 

Nos adxuntos atoparedes a folla de inscripción do comedor, a autorización de imaxe e o menú para o mes de setembro.

O alumnado levará estes modelos impresos, para a casa, o luns 11.

Para calquera dúbida, poñédevos en contacto coas mamás da ANPA, nos teléfonos 654 796 838 e 617 395 139

Este é o menú de comedor para o mes de setembro.

Venres Septembro 08, 2023
Start: 08/09/2023 15:28

 

Queridos alumnado e familias,

Xa temos todo preparado para recibirvos o luns e comezar este curso con enerxías renovadas.

Temos moitas ganas de vervos e moita ilusión por este curso que temos por diante.

Agardámosvos coma sempre ás 8:45h en horario habitual,

excepto 4ºEI que terán o horario do período de adaptación 

que lles entregou a titora na reunión.

Gozade da fin de semana que xa non queda nada.

Unha aperta de todas as/os mestras/es. Contade connosco  3, 2, 1... comezamos!

 

 

Sábado Septembro 16, 2023
Start: 16/09/2023 16:05

 

  Por causas alleas á biblioteca, múdase a data do contacontos para bebés na Biblioteca Xela Arias de Chapela:

-- Contacontos “Unha tarde especial con Dori”, con Batucado & Emusin.
A nova data será o martes 3 de outubro, ás 17:00 h. Para nen@s de 1 a 3 anos.
Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela (teléfono: 986-454-226, correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal). De balde.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut