Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
13
Start: 13/03/2023 13:09
Xoves, 23 de febreiro, celebramos o Dia Rosalía de Castro: dramatización, poesía, cancións, debuxo... ARTE EN VIVO E DIRECTO.
| 14
Start: 14/03/2023 16:33
Esta semana, co motivo do Día da Muller, a biblio da Caracolatola encheuse dun espírito de reivindicación da igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas.
Na biblio puidemos aprender moito sobre a historia e o significado do 8M, así como continuar descubrindo referentes femininos con xogos de mesa. Un material fantástico de lapizele.
Ademais, o equipo de biblio organizou lecturas de historias de mulleres pioneiras que abriron o camiño en moitos ámbitos da sociedade, loitando e defendendo os dereitos das mulleres.
Foi unha semana na que celebramos moitos éxitos e avances, pero tamén tomamos consciencia dos retos que aínda temos que superar.
No Angorén e na biblio da Caracolatola estamos comprometidos coa educación en igualdade.
Start: 14/03/2023 18:12
FAMILIAS!!! PRECISAMOS A VOSA AXUDA!!!
Tras a primeira xuntaza de cole - familias estas son algunhas das ideas do que queremos no patio para o alumnado.
Deixamos a presentación adxunta para que podades botarlle unha ollada. Nos próximos días facilitaremos máis información. TODA PROPOSTA OU APORTACIÓN É BENVIDA!!!
| 15
| 16
| 17
| 18
| 19
|