Eventos
Comunicarvos que as solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de 6º de Primaria que vaia cursar a ESO no IES CHAPELA resultaron todas admitidas.
O luns se queres recetas mil, precisas un mandil!!
O martes, para por a comida na mesa colle un mantel e pono de capa se tes presa!!
Mércores, froito ou vexetal podes traer todo xunto para animar o teu conxunto!!
Xoves, disfraz e mascarada, do que che pete a gana!!
VENRES: todxs en comparsa sairán para poder desfrutar e festexar!! Despois de moito traballo...así de guapxs saímos hoxe polas rúas de Chapela!! Música, disfraces e moita ilusión foi a combinación perfecta para festexar este venres de entroido!
Cos nosos mellores disfraces estabamos listos para percorrer as rúas de Chapela e... así o fixemos!! Alumnado, mestrxs e familias desfrutamos dunha gran xornada de convivencia!!
Rematamos o noso recorrido na Alameda Rosalía de Castro onde puidemos bailar, xogar e gozar dun estupendo venres de entroido!!
Gracias a nosa Anpa "Os Muíños"pola axuda que nos brindou!!
E tamén gracias ao Concello de Redondela por xestionar o corte de tráfico das estradas!
Mirade os videos para ver un pequeno resumo deste día tan xenial!!!
Podedes consultar a continuación a oferta de prazas para o curso 2023-2024
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de marzo.
Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.
Bo proveito!
Abrimos o prazo de solicitude de admision de novo alumnado: do 1 ao 20 de marzo de 2023 (ambos incluídos).
Podedes pedir cita para entregar a documentación e facilitarvos o proceso no
teléfono 886120405 ou a traves do correo do centro ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
Tedes adxunto nesta entrada o Anexo II de solicitude de praza e a continuación a
documentación que tedes que traer:
Os prazos para o proceso de admisión son os seguintes:
- Solicitude de praza: 1-20 de marzo
- Listaxe provisional: 25 de abril
- Listaxe definitiva: 15 de maio
- Formalización de matrícula: 20-30 de xuño
O alumnado de 1º e 2º realizou un gran traballo co conto da "Bruxa Discordia".
A continuación podedes ver o video co resultado final!!
Xoves, 23 de febreiro, celebramos o Dia Rosalía de Castro: dramatización, poesía, cancións, debuxo...
ARTE EN VIVO E DIRECTO.
FAMILIAS!!! PRECISAMOS A VOSA AXUDA!!!
Tras a primeira xuntaza de cole - familias estas son algunhas das ideas do que queremos no patio para o alumnado.
Deixamos a presentación adxunta para que podades botarlle unha ollada.
Nos próximos días facilitaremos máis información.
TODA PROPOSTA OU APORTACIÓN É BENVIDA!!!