Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Febreiro 01, 2023
Start: 01/02/2023 09:09

Hoxe desfrutamos do Día da Paz baixo o lema “bocado a bocado, comparte con quen tes o lado”.

Fixemos unha gran merenda na que puidemos gozar da compañía das outras compañeiras e compañeiros do cole, compartindo a nosa comida. Desta forma, puxemos en práctica actos como o establecemento das relacións sociais, a compartición, a unión, a diversidade culinaria, o respecto…

         

        

Non puidemos comer unha mellor merenda e desfrutar máis do Día da Paz no cole Angorén!!

                                                              

Venres Febreiro 03, 2023
Start: 03/02/2023 09:32

Two two day!!

Festexando o 2 do 2 compartindo xogos matemáticos mesturados con sorrisos, tutús, zapatillas desparelladas

ou camisetas por duplicado... un día moi divertido no que aprendimos moitas cousas novas!!

Venres Febreiro 10, 2023
Start: 10/02/2023 08:23

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de febreiro. Podedes descargar todos nos adxuntos

desta entrada.

Bo proveito!

Mércores Febreiro 15, 2023
Start: 15/02/2023 13:13

Hoxe celebramos o Día Internacional da Radio traballando na biblio, preparando e recitando o poema Caldo de gloria, de Rosalía de Castro.


O alumnado estivo moi implicado na xornada e desexando escoitar o podcast final que xa está preparado. Queredes saber cal foi o resultado? Só tendes que prestar atención!Podedes escoitar o noso podcast no seguinte video:


Tamen temos video do "making of"...mirade!!

Xoves Febreiro 23, 2023
Start: 23/02/2023 09:04

Comunicarvos que as solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de 6º de Primaria  que vaia cursar a ESO no IES CHAPELA resultaron todas admitidas.

Start: 23/02/2023 12:07

O luns se queres recetas mil, precisas un mandil!!

                                                                

 

O martes, para por a comida na mesa colle un mantel e pono de capa se tes presa!!

           

                                         

 

Mércores, froito ou vexetal podes traer todo xunto para animar o teu conxunto!!

              

              

 

Xoves, disfraz e mascarada, do que che pete a gana!!

                

                

Start: 23/02/2023 12:28

VENRES: todxs en comparsa sairán para poder desfrutar e festexar!! Despois de moito traballo...así de guapxs saímos hoxe polas rúas de Chapela!! Música, disfraces e moita ilusión foi a combinación perfecta para festexar este venres de entroido!

                           

                           

                          

                          

                          

 

Cos nosos mellores disfraces estabamos listos para percorrer as rúas de Chapela e... así o fixemos!! Alumnado, mestrxs e familias desfrutamos dunha gran xornada de convivencia!!
Rematamos o noso recorrido na Alameda Rosalía de Castro onde puidemos bailar, xogar e gozar dun estupendo venres de entroido!!
Gracias a nosa Anpa "Os Muíños"pola axuda que nos brindou!!
E tamén gracias ao Concello de Redondela por xestionar o corte de tráfico das estradas!
Mirade os videos para ver un pequeno resumo deste día tan xenial!!! 

 

 

Venres Febreiro 24, 2023
Start: 24/02/2023 09:23

Podedes consultar a continuación a oferta de prazas para o curso 2023-2024

Martes Febreiro 28, 2023
Start: 28/02/2023 08:55

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de marzo.

Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.

Bo proveito!

Distribuir contido


by Dr. Radut