Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
Start: 18/01/2023 09:42
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de xaneiro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada. Bo proveito!
Start: 18/01/2023 09:46
Seguimos inmersos no proxecto de MasterCeip e durante o mes de novembro nas distintas aulas traballamos experimentos relacionados ca cociña. Os máis pequenos con maicena, cocacola, mentos, colorante... creamos un volvan e fluído non newtoniano!! Que ben o pasamos no laboratorio!!
Noutra clase das clases investigamos sobre as herbas aromáticas. Os nenos e nenas foron traendo á aula plantas moi interesantes: herba luísa, romeu, lavanda... Aprendemos os seus nomes, experimentamos cos seus aromas e fixemos estes estupendos perfumes, aos que ademais lles puxemos un nome. Finalmente plantamos estas herbas na nosa horta.
Start: 18/01/2023 10:03
Celebramos 100 días vindo ó cole; descifrando códigos, creando gafas, coloreando, facendo grafismo, conteo, pulseiras…. Traballaron a
poesía Haiku, 100 palabras positivas en distintos idiomas, melloraron o cálculo, crearon escritos e estableceron propósitos para cando teñan una centena de anos!!! O alumnado do Alexandre Bóveda aproveitou esta celebración para interiorizar, aprender, lograr e o que é máis importante, SUPERARSE!
|