Eventos
Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.
Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.
Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a
albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a
través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi
Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego" porque sempre é un bo momento para regalar cultura.
Chega unha época especial e máxica e queremos aproveitala para lembrar que o galego é una lingua moi importante na nosa
comunidade, por iso queremos fomentala con esta iniciativa un ano mais.
Xa queda menos para que a máxia do Nadal chegue as nosas casas e no cole comezamos estas datas amosando os nosos mellores e máis
orixinais xerxeis navideños. Mirade que guapas e guapos estamos todxs diante do noso decorado navideño.
Ao longo da maña esperavamos con moita ilusión unha visita moi especial: a COCA SIMONA. Recibímola cun gran soriso e unhas
apertas enormes a vez que lle entregamos as nosas cartas cos mellores desexos para o ano que ven!!
FAMILIAS!!! XA ESTAMOS AQUÍ!!!
Un ano máis comezamos as xornada de portas abertas para descubrir a maxia do Angorén.
Podedes vir a coñecernos o MARTES, 28 DE FEBREIRO ás 18:00
Animámosvos a visitar as nosas instalacións reformadas, saber como traballamos, os servizos dos que dispomos fomentando a
conciliación familiar, así como aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir.
Mergulládevos nesta páxina web para ver o noso día a día ou no instagram:
https://www.instagram.com/ceip_alexandre_boveda/
Comunicarvos que xa está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de 6º de Primaria que vai cursar a ESO no IES CHAPELA Tedes que cubrir e asinar a solicitude que vos mandamos a través do alumnado ou de forma telemática en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ premendo no menú: Solicitudes – Reserva – Crear. Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou na SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital. Na propia aplicación tedes un manual de instrucións para calquera dúbida. No caso de non querer reservar praza en devandito centro adscrito, tedes que comunicalo enviando un correo electrónico ao centro: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
Vai rematando o trimestre e queremos que o cole cheire a Nadal, por iso, coñecimos a receita do brownie da man de Santi, chef
redondelán de "Gastrobar 78", que nos ensinou o segredo deste postre tan delicioso, degustando tamén uns aperitivos riquísimos e co
que nos chupamos os dedos pequenxs e non tan pequenxs!!
Moitísimas gracias por pasar esta dulce xornada con nós!!
A piques de rematar este trimestre...estamos tan cansxs que decidimos vir en pixama ao cole...que quentiños estivemos durante toda a
mañá...sentímonos coma na nosa propia casa!!
O teu navegador non soporta este vídeo.
E agora si...chegamos ao final do primeiro trimestre e non podiamos rematalo doutro xeito que non fose tomando toda a comunidade
educativa os "12 lacasitos da sorte" para desexarvos un moi bo feliz ano 2023!!
Mirade canta elegancia!!