Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Decembro 15, 2022
Start: 15/12/2022 08:58

"PIDO, PIDO...CON SENTIDO"


Hoxe , aproveitando que se achega a época de nadal tivemos unha charla e un obradoiro de consumo responsable.

Dende xs máis pequenxs xs máis maiores aprendimos a diferenciar un xoguete daqueles outros produtos que, aínda que parecen

xoguetes, non o son. Analizamos os envases e as etiquetas dos xoguetes, identificando as pautas de seguridade para facer un uso

responsable dos juguetes

                                               

Luns Decembro 19, 2022
Start: 19/12/2022 09:06

Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.

Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.

 

                                    

Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a

albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a

través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi 

                                   

Martes Decembro 20, 2022
Start: 20/12/2022 09:17

Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego"  porque sempre é un bo momento para regalar cultura.

Chega unha época especial e máxica e queremos aproveitala para lembrar que o galego é una lingua moi importante na nosa

comunidade, por iso queremos fomentala con esta iniciativa un ano mais.

 

Mércores Decembro 21, 2022
Start: 21/12/2022 09:48

Xa queda menos para que a máxia do Nadal chegue as nosas casas e no cole comezamos estas datas amosando os nosos mellores e máis

orixinais xerxeis navideños. Mirade que guapas e guapos estamos todxs diante do noso decorado navideño.

 

 Ao longo da maña esperavamos con moita ilusión unha visita moi especial: a COCA SIMONA. Recibímola cun gran soriso e unhas

apertas enormes a vez que lle entregamos as nosas cartas cos mellores desexos para o ano que ven!! 

  
 
              
              
Venres Xaneiro 13, 2023
Start: 13/01/2023 09:11

 

FAMILIAS!!! XA ESTAMOS AQUÍ!!!

 

Un ano máis comezamos as xornada de portas abertas para descubrir a maxia do Angorén.

Podedes vir a coñecernos o MARTES, 28 DE FEBREIRO ás 18:00

Animámosvos a  visitar as nosas instalacións reformadas, saber como traballamos, os servizos dos que dispomos fomentando a

conciliación familiar, así como aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir.

Mergulládevos nesta páxina web para ver o noso día a día ou no instagram:

https://www.instagram.com/ceip_alexandre_boveda/

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut