Eventos
"PIDO, PIDO...CON SENTIDO"
Hoxe , aproveitando que se achega a época de nadal tivemos unha charla e un obradoiro de consumo responsable.
Dende xs máis pequenxs xs máis maiores aprendimos a diferenciar un xoguete daqueles outros produtos que, aínda que parecen
xoguetes, non o son. Analizamos os envases e as etiquetas dos xoguetes, identificando as pautas de seguridade para facer un uso
responsable dos juguetes
Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.
Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.
Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a
albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a
través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi
Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego" porque sempre é un bo momento para regalar cultura.
Chega unha época especial e máxica e queremos aproveitala para lembrar que o galego é una lingua moi importante na nosa
comunidade, por iso queremos fomentala con esta iniciativa un ano mais.
Xa queda menos para que a máxia do Nadal chegue as nosas casas e no cole comezamos estas datas amosando os nosos mellores e máis
orixinais xerxeis navideños. Mirade que guapas e guapos estamos todxs diante do noso decorado navideño.
Ao longo da maña esperavamos con moita ilusión unha visita moi especial: a COCA SIMONA. Recibímola cun gran soriso e unhas
apertas enormes a vez que lle entregamos as nosas cartas cos mellores desexos para o ano que ven!!
FAMILIAS!!! XA ESTAMOS AQUÍ!!!
Un ano máis comezamos as xornada de portas abertas para descubrir a maxia do Angorén.
Podedes vir a coñecernos o MARTES, 28 DE FEBREIRO ás 18:00
Animámosvos a visitar as nosas instalacións reformadas, saber como traballamos, os servizos dos que dispomos fomentando a
conciliación familiar, así como aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir.
Mergulládevos nesta páxina web para ver o noso día a día ou no instagram:
https://www.instagram.com/ceip_alexandre_boveda/