Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Decembro 12, 2022
Start: 12/12/2022 08:55

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no cole festexamos un mundo sen barreiras.

O mércores 30 de novembro recibimos a visita do alumnado de ACESCA que compartiron unha sesión de

traballo có noso alumnado de 5º e 6º e nos axudaron a aprender estratexias para un mundo sen barreiras.

Despois, todo o alumnado participou en actividades lúdico-deportivas, organizadas polos seus compañeiros/as

de 5° e 6°, nas que nos sensibilizamos á necesidade de participar activamente en crear un mundo sen barreiras.

                                    

 

Start: 12/12/2022 09:05

Hoxe foi un día moi especial. O cole trasladouse ó Circo do Nadal. Decembro é un mes moi especial, cheo de maxia e ilusión. Esta época do ano ten un brillo especial e hoxe mergullámonos un pouquiño máis nela

Dende os máis pequenos de infantil ata os máis maiores de primaria, todos gozamos dun espectáculo máxico

Una historia que amosaba como con creatividade podemos atopar solucións ós contratempos e problemas. Así disque naceu a receita do Roscón de Reis

Dende acróbatas a malabaristas, foi unha xornada na que non faltaron as gargalladas nin as caras abraiadas.

Xoves Decembro 15, 2022
Start: 15/12/2022 08:58

"PIDO, PIDO...CON SENTIDO"


Hoxe , aproveitando que se achega a época de nadal tivemos unha charla e un obradoiro de consumo responsable.

Dende xs máis pequenxs xs máis maiores aprendimos a diferenciar un xoguete daqueles outros produtos que, aínda que parecen

xoguetes, non o son. Analizamos os envases e as etiquetas dos xoguetes, identificando as pautas de seguridade para facer un uso

responsable dos juguetes

                                               

Luns Decembro 19, 2022
Start: 19/12/2022 09:06

Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.

Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.

 

                                    

Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a

albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a

través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi 

                                   

Martes Decembro 20, 2022
Start: 20/12/2022 09:17

Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego"  porque sempre é un bo momento para regalar cultura.

Chega unha época especial e máxica e queremos aproveitala para lembrar que o galego é una lingua moi importante na nosa

comunidade, por iso queremos fomentala con esta iniciativa un ano mais.

 

Mércores Decembro 21, 2022
Start: 21/12/2022 09:48

Xa queda menos para que a máxia do Nadal chegue as nosas casas e no cole comezamos estas datas amosando os nosos mellores e máis

orixinais xerxeis navideños. Mirade que guapas e guapos estamos todxs diante do noso decorado navideño.

 

 Ao longo da maña esperavamos con moita ilusión unha visita moi especial: a COCA SIMONA. Recibímola cun gran soriso e unhas

apertas enormes a vez que lle entregamos as nosas cartas cos mellores desexos para o ano que ven!! 

  
 
              
              
Distribuir contido


by Dr. Radut