Eventos
O 20 de novembro conmemoramos o "Día Mundial da Infancia" e celebrámolo o luns 21 no cole Angoren.
A través de diferentes dinámicas e obradoiros realizamos os videos que podedes ver nos seguintes enlaces:
https://youtube.com/shorts/KvAONLUXQfg?feature=share
https://youtube.com/shorts/Bui8PD-d2Xk?feature=share
https://youtube.com/shorts/Ql0dbg8vmrw?feature=share
https://youtube.com/shorts/Sv3twZVqIzU?feature=share
https://youtube.com/shorts/NSoVFbxuUHA
https://youtube.com/shorts/_7mgBZK8sRI?feature=share
https://youtube.com/shorts/NYCBX3rUyls?feature=share
https://youtube.com/shorts/ipd1btBBLhw?feature=share
O alumnado ten claro cales son os seus dereitos e están dispostxs a loitar por eles!
EQUIPO DIRECTIVO |
Campos Alonso, Cristina |
Contreras Fernández, M. Elisa |
Moreira Cousido, Noemí |
REPRESENTANTES DO PROFESORADO |
García Fontán, Javier |
Lourido Lorenzo, Camilo Jesús |
|
REPRESENTANTE DAS FAMILIAS |
Bastos Carrera, María Montserrat |
Fernández Campo, Verónica |
Varela Mariño, Félix |
Vázquez Socastro, Vanesa |
|
REPRESENTANTE DO CONCELLO |
Valles Rodríguez, Iván |
REPRESENTANTE DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS |
Seoane Cortegoso, Alicia |
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de novembro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.
Bo proveito!
Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
As actividades darán comezo o 23 de decembro e rematarán o 4 de xaneiro do 2022 e desenvolveranse de luns a venres (agás os días 24,25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro).
A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e como adxunto nesta entrada.
Poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM).
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 30 de novembro ao 12 de decembro de 2021, ambos dous días incluídos.
Para máis información pinchade no seguinte enlace:
http://redondela.gal/es/anuncios
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no cole festexamos un mundo sen barreiras.
O mércores 30 de novembro recibimos a visita do alumnado de ACESCA que compartiron unha sesión de
traballo có noso alumnado de 5º e 6º e nos axudaron a aprender estratexias para un mundo sen barreiras.
Despois, todo o alumnado participou en actividades lúdico-deportivas, organizadas polos seus compañeiros/as
de 5° e 6°, nas que nos sensibilizamos á necesidade de participar activamente en crear un mundo sen barreiras.
Hoxe foi un día moi especial. O cole trasladouse ó Circo do Nadal. Decembro é un mes moi especial, cheo de maxia e ilusión. Esta época do ano ten un brillo especial e hoxe mergullámonos un pouquiño máis nela
Dende os máis pequenos de infantil ata os máis maiores de primaria, todos gozamos dun espectáculo máxico
Una historia que amosaba como con creatividade podemos atopar solucións ós contratempos e problemas. Así disque naceu a receita do Roscón de Reis
Dende acróbatas a malabaristas, foi unha xornada na que non faltaron as gargalladas nin as caras abraiadas.
"PIDO, PIDO...CON SENTIDO"
Hoxe , aproveitando que se achega a época de nadal tivemos unha charla e un obradoiro de consumo responsable.
Dende xs máis pequenxs xs máis maiores aprendimos a diferenciar un xoguete daqueles outros produtos que, aínda que parecen
xoguetes, non o son. Analizamos os envases e as etiquetas dos xoguetes, identificando as pautas de seguridade para facer un uso
responsable dos juguetes
Hoxe tivemos a visita de Andrés , o autor do conto “Ciudad Riquísimo”.
Contounos a historia con moita ilusión, aprendendo a importancia do respecto cara a diversidade e todo o que podemos facer por axudar.
Despois puxemos en práctica algunhas das dificultades que tiñan as persoaxes do conto e como axudarnos entre todxs: sen ver como a
albóndiga Dina, cunha soa perna como a patinadora Pipa ou sen brazos para nadar. Un conto con moito trasfondo e cheo de maxia a
través dos alimentos e do seu protagonista Espagueti Pepi
Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego" porque sempre é un bo momento para regalar cultura.
Chega unha época especial e máxica e queremos aproveitala para lembrar que o galego é una lingua moi importante na nosa
comunidade, por iso queremos fomentala con esta iniciativa un ano mais.
Xa queda menos para que a máxia do Nadal chegue as nosas casas e no cole comezamos estas datas amosando os nosos mellores e máis
orixinais xerxeis navideños. Mirade que guapas e guapos estamos todxs diante do noso decorado navideño.
Ao longo da maña esperavamos con moita ilusión unha visita moi especial: a COCA SIMONA. Recibímola cun gran soriso e unhas
apertas enormes a vez que lle entregamos as nosas cartas cos mellores desexos para o ano que ven!!