Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Novembro 02, 2022
Start: 02/11/2022 13:18

Aquí podedes ver como celebramos esta festividade todo o cole xunto!!
Decoramos o centro de maneira terrorífica coa axuda das nosas familias e alumnado.

 
 
 
 
 
   
 
Grazas familias por esas cabazas tan orixinais Guiño
 
              
 
As portas máis terroríficas feitas polo alumnado nas titorías e especialidades.
 
  
 
As especialistas de plurilingüismo aproveitaron as súas clases para montar un photocall de Halloween con luz negra cos nenos e nenas dende infantil ata 6º de primaria.


         
   
 

Non podíamos facer outra cousa máis relacionada co noso proxecto de MasterCeip...

COCIÑA TERRORÍFICA

 
 
 

Na hora de TICS elaboraron diferentes receitas de comida e bebida para que poidamos elixir e así foi… un taller do máis divertido e saborosoRisa

  Moi bo traballo a este equipo: a comunidade educativa do Angorén!!! 

 

 

Start: 02/11/2022 19:59

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de novembro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada. 

Bo proveito!

Mércores Novembro 16, 2022
Start: 16/11/2022 09:17

No mes de outubro traballamos, dentro do proxecto de centro "MasterCeip" os froitos de outono.

Dita estación ofrécenos un montón de actividades con elementos naturais, os cales, aproveitamos para coñecelos, manipular e experimentar como tanto nos gusta

Unha familia tróuxonos diversas variedades de millo que tivemos que debullar e aproveitamos para experimentar, facer operacións matemáticas cos grans, pesalos na báscula, pintamos coa espiga verdadeiras obras de arte...

                       

 

 

 

Tamén fixemos receitas coas familias, nas que incorporamos algúns froitos da época.

 

Canta diversión con elementos naturais!!

Os maiores, aproveitando que neste mes realizamos unha visita á Casa de Rosalía en Padrón, apañamos castañas dun dos castiñeiros do seu xardín. Agora, agardamos que pronto agrome o noso "Souto de Rosalía". 

 

Start: 16/11/2022 12:25

Como todos os anos esperamos con moitas ganas a que chegue o día do Magosto, e… xa está aquí. O Magosto xa chegou ao Angorén! As familias, o alumnado, e (por suposto) as castañas fixeron do día unha xornada xenial.

Sen a participación das familias do cole isto non sería posible, polo que queremos dedicarlles un enorme GRAZAS. Encántanos, tanto ao profesorado como aos vosos fillos e fillas, que veñades ao cole e participedes con nós.

                                                   

 

Nesta xornada, ademais do froito estrela, debemos facer unha especial mención ao alumnado de 6º, que se encargou de elaborar un menú degustación de 10 divertidos xogos.

@s 26 chefs organizados, coas súas identificacións postas e gorro na cabeza, ofrecéronlle ao resto do alumnado diferentes xogos populares, cun toque persoal, facendo referencia tamén ao noso proxecto de centro MasterCEIP. 

 
Xoves Novembro 17, 2022
Start: 17/11/2022 09:00

O alumnado de eduación infantil e primeiro ciclo de primaria tivo a sorte de poder desfrutar dun marabilloso espectáculo titulado

"aventura de aburrirse" no Teatro Afundación de Vigo.

Rita é unha nena que a pesar de ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Un día na casa da súa avoa, cun simple

parruliño de goma, comeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes

sorprendentes…a experiencia foi...SIMPLEMENTE XENIAL!! 

 

Venres Novembro 25, 2022
Start: 25/11/2022 08:59

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o "Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres."

Durante esta semana, estivemos traballando este tema a través de diferentes dinámicas e actividades entre a que destacamos a

realizada por todo o alumnado.

Escollimos a canción "Chea de Vida" de Guadi Galego, analizámola, reflexionamos sobre o que nos di e decidimos gravar o video que

podedes ver a continuación en lingua de signos. 

Bo traballo de todo o alumando!! Temos claro que... A violencia NON é un xogo!!

Distribuir contido


by Dr. Radut