Eventos
E con esta imaxe presentámosvos o proxecto deste ano a nivel de centro: "MasterCeip"
Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen nos diferentes utensilios de cociña.
Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa cociña, alimentación, gastronomía de Galicia... primando a parte práctica para
afianzar os contidos.
Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguén quere participar non
dubide en contactar con nós! Estade conivadxs!!
A por un curso delicioso todxs xuntxs!!
O día 16 de outubro foi o día internacional da alimentación e desde o cole, aproveitando o proxecto de MasterCeip, quixemos realizar un obradoiro de almorzo saudable e solidario, xa que ademais de gozar dunha merenda rica, trouxemos alimentos non perecedoiros para doar ao banco de alimentos.
Aproveitamos para traballar algunhas das metas que nos marcan os ods:
- Poñer fin a fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible.
- Garantir unha vida sa e promover o benestar para todxs en todas as idades
Que boa maneira de comezar a semana!!
Gracias familias polas vosas donacións!!
Comezamos co proceso para a renovación parcial do Consello Escolar. A continuación mostrase información dos postos vacantes, así como das datas importantes durante o proceso.
POSTOS VACANTES
2 representantes de claustro
2 representantes de familias
CALENDARIO DE EVENTOS RELACIONADOS
Día 28 de outubro |
Sorteo Público para a designación dxs membrxs da Xunta Electoral ( 1 Profesorado - 1 Familias) ás 13:45 na entrada do colexio. |
Día 3 de novembro |
Constitución Xunta Electoral ás 13:45 na dirección do centro |
Día 4 de novembro |
Publicación do Censo no taboleiro interior do centro. Poderase presentar reclamacións na Secretaría, dirixidas a Xunta Electoral, ata o día 15 de novembro ás 13:45 horas. Os modelos de reclamación poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO). |
Do 11 de novembro ao 18 de novembro
|
Presentación de candidaturas dende o 11 de novembro ata o 18 de novembro ás 13:45 horas. Os modelos de candidaturas poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO). |
Día 21 de novembro
|
Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) na dirección do centro para: - Resolver as reclamacións ó Censo Electoral. - Proclamación pública de candidaturas presentadas. - Sorteo dxs compoñentes da Mesa Electoral de familias. -Apertura do prazo de reclamación á proclamación de candidaturas. |
Día 24 de novembro
|
Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas (se hai reclamacións á proclamación de candidaturas)
|
Día 29 de novembro
|
VOTACIÓNS Familias: de 8:45 a 9:30. de 13:00 a 13:45. de 15:45 a 17:00 Mestres: Claustro extraordinario ás 18:00 horas |
Día 1 de decembro
|
Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) na dirección do centro para: - Supervisar as actas das mesas electorais e resolver as reclamacións. - Proclamar candidatos electos. |
Día 13 de decembro
|
Constitución do novo Consello Escolar ás 18:00 horas no centro. |
Antes do 16 de decembro
|
Envío de actas Xefatura territorial. |
O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, foi un día moi especial no noso cole, xa que inauguramos a Bilioteca da Caracolatola para este curso escolar 2022-2023.
Todo o alumnado aproveitou a xornada para descubrir os rincóns da nosa biblio. Libros, libros e máis libros... Pero tamén ordenadores para buscar información, legos e robots, xornais, espazo sensorial e moito máis!
Na biblioteca apareceu unha cesta MasterCeip misteriosa cun candado...menos mal que tenemos un alumnado que é quen de enfrontarse e superar todos os retos...conseguimos o código, abrimos a cesta e atopamos un montón de vitaminas de lectura!!
Agora seguro que temos enerxía dabondo para ler!!
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!
Aquí podedes ver como celebramos esta festividade todo o cole xunto!!
Decoramos o centro de maneira terrorífica coa axuda das nosas familias e alumnado.
Non podíamos facer outra cousa máis relacionada co noso proxecto de MasterCeip...
COCIÑA TERRORÍFICA
Na hora de TICS elaboraron diferentes receitas de comida e bebida para que poidamos elixir e así foi… un taller do máis divertido e saboroso
Moi bo traballo a este equipo: a comunidade educativa do Angorén!!!
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de novembro. Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.
Bo proveito!
No mes de outubro traballamos, dentro do proxecto de centro "MasterCeip" os froitos de outono.
Dita estación ofrécenos un montón de actividades con elementos naturais, os cales, aproveitamos para coñecelos, manipular e experimentar como tanto nos gusta
Unha familia tróuxonos diversas variedades de millo que tivemos que debullar e aproveitamos para experimentar, facer operacións matemáticas cos grans, pesalos na báscula, pintamos coa espiga verdadeiras obras de arte...
Tamén fixemos receitas coas familias, nas que incorporamos algúns froitos da época.
Canta diversión con elementos naturais!!
Os maiores, aproveitando que neste mes realizamos unha visita á Casa de Rosalía en Padrón, apañamos castañas dun dos castiñeiros do seu xardín. Agora, agardamos que pronto agrome o noso "Souto de Rosalía".
Como todos os anos esperamos con moitas ganas a que chegue o día do Magosto, e… xa está aquí. O Magosto xa chegou ao Angorén! As familias, o alumnado, e (por suposto) as castañas fixeron do día unha xornada xenial.
Sen a participación das familias do cole isto non sería posible, polo que queremos dedicarlles un enorme GRAZAS. Encántanos, tanto ao profesorado como aos vosos fillos e fillas, que veñades ao cole e participedes con nós.
Nesta xornada, ademais do froito estrela, debemos facer unha especial mención ao alumnado de 6º, que se encargou de elaborar un menú degustación de 10 divertidos xogos.
@s 26 chefs organizados, coas súas identificacións postas e gorro na cabeza, ofrecéronlle ao resto do alumnado diferentes xogos populares, cun toque persoal, facendo referencia tamén ao noso proxecto de centro MasterCEIP.
O alumnado de eduación infantil e primeiro ciclo de primaria tivo a sorte de poder desfrutar dun marabilloso espectáculo titulado
"A aventura de aburrirse" no Teatro Afundación de Vigo.
Rita é unha nena que a pesar de ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Un día na casa da súa avoa, cun simple
parruliño de goma, comeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes
sorprendentes…a experiencia foi...SIMPLEMENTE XENIAL!!